Cleopatra VII: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
Liña 19:
Xa vimos como a familia real de Cleopatra desencadeara unha guerra civil entre os seus membros. Xulio César chegou a Exipto como xeneral romano para resolver esa cuestión e foi entón cando se deu a batalla no mar e o incendio de Alexandría. Despois de asegurar a Cleopatra no trono exipcio e casala co que foi [[Tolomeo XIV]] (o seu irmán menor), Xulio César regresou a Roma. Mais Cleopatra decidiu seguilo, para o cal se preocupou de deixar no reino un goberno seguro. En Roma viviu como concubina de César e alí naceu o seu fillo (que se supón o era tamén de Xulio César) ao que chamaron [[Cesarión]]. No ano [[-44|44 a.C.]] sucedeu o asasinato de César, proxectado e executado por un grupo de familias senatoriais republicanas que vían nel a ambición dun futuro rei, cousa que odiaban. Despois da súa morte, Cleopatra regresou co seu fillo a Exipto; dise que mandou envelenar o seu irmán, o rei Tolomeo XIV, e que converteu a Cesarión en co-rexente.
 
Marco Antonio era un xeneral e político romano, amigo de Xulio César, que fora comandante xefe no seu exército. A raíz do asasinato deste, perseguiu os culpábeis, Marco Bruto e Caio Casio e ademais soubo enfrontar o pobo romano contra eles e soubo gañar o apoio e a inclinación das xentes a favor del. Ao xurdir outros dous rivais, formaron un triunvirato. Desencadeouse desta maneira unha guerra civil entre os partidarios do triunvirato e os seguidores republicanos. [[Marco Antonio]] chamou na súa axuda a reina Cleopatra, para que acudira coas súas naves a Tarso na actual [[Turquía]], mais a reina negouse a que Exipto entraraentrase nunha guerra civil dos romanos. Marco Antonio decidiu entón viaxar a Exipto para falar directamente coa soberana e pedirlle explicacións. O resultado desta viaxe foi que ambos os personaxes se namoraron e que Marco Antonio decidiu quedar en Exipto ao lado de Cleopatra. Mais os asuntos de Roma reclamábano e no ano [[-40|40 a.C.]] tivo que regresar á capital do imperio. Alí cumpriu coa promesa de casar con Octavia, irmá de [[Octavio Augusto|Caio César Octavio Augusto]], o futuro primeiro emperador de Roma e sobriño neto de Xulio César. Octavio (que así se chamaba por aquel entón) era grande amigo de Marco Antonio, aínda que co tempo e os acontecementos, esta amizade veuse truncada.
 
Tras a marcha de Marco Antonio a Roma, Cleopatra deu a luz dous nenos [[Xemelgo|xemelgos]]. No ano [[-36|36 a.C.]], Marco Antonio viaxou cunha expedición a Oriente para loitar contra os [[partos]]. Cleopatra reuniuse alí con el e alí tiveron o seu terceiro fillo. A campaña tivo un tal éxito que decidiron celebralo en Alexandría onde quedaron a vivir, até que no ano [[-32|32 a.C.]], Octavio declarou a guerra a ambos, sublevou o pobo romano contra a má conduta de Marco Antonio e este divorciouse oficialmente de Octavia. Deuse entón a batalla de [[Accio]], no 31, que foi un desastre para Marco Antonio e a frota de Cleopatra. Despois desta derrota e enganado por un falso informe sobre a morte de Cleopatra, Marco Antonio [[Suicidio|suicidouse]] deixándose caer sobre a súa propia espada.
 
=== Morte de Cleopatra ===
Octavio (o futuro emperador Augusto) acusara no ano 32 publicamente a Cleopatra de varios cargos moi graves: maxia, incesto, luxuria, adoración de ídolos animais… poñendo desta maneira na súa contra tanto o [[senado romano]] como toda a poboación. Dicíase que a mala conduta de Marco Antonio debíase aos embruxos desta raíña.
 
Os planos de Octavio eran tomar a raíña como prisioneira e levala a Roma para así demostrar a súa superioridade e a súa vitoria, mais non foi posíbel, xa que vendo o seu futuro como escrava talvez no seu propio país onde fora soberana, Cleopatra elixiu morrer e tomou a decisión de suicidarse. Pediulles ás súas criadas Iras e Charmion que lle trouxerantrouxesen unha cesta con froitas e que meteranmetesen dentro unha naia exipcia, a famosa [[áspide]], responsábel da súa morte. Antes de morrer escribiu unha misiva a Octavio en que lle comunicaba o seu desexo de ser enterrada xunto a Marco Antonio.
 
== Os fillos de Cleopatra ==
Despois da batalla de Accio e temendo o peor, Cleopatra quixo mandar o seu fillo Cesarión lonxe de Exipto cara oao sur, mais foi traizoado polo seu profesor particular, Rhodon, e foi asasinado por orde de Octavio.
 
Despois da morte de Cleopatra, os seus outros fillos foron levados a Roma e criados pola esposa de Octavio. Cleopatra Selene casou co rei Xuba II de [[Mauritania Cesariense|Mauritania]] e tiveron un fillo ao que chamaron Tolomeo e que herdou o reino do seu pai no ano [[23 a.C.]], até que o emperador [[Calígula]] o mandou matar corenta anos máis tarde. De Alexandre Helios e Tolomeo Filadelfo non se sabe ben o seu paradoiro, aínda que se cre que se foron a vivir a Mauritania xunto coa súa irmá.
 
== O tema de Cleopatra ==
A súa vida e a súa morte, así como os seus amores cos dous personaxes romanos, Xulio César e Marco Antonio, serviron de inspiración a través dos tempos a literatos e cineastas. As obras máis famosas son ''Cleopatra e Marco Antonio'' (1606), de [[William Shakespeare]], ''Todo por amor'' (1678), do autor teatral inglés [[John Dryden]] e ''César e Cleopatra'' (1901) de [[George Bernard Shaw]]. O cine deu a famosa película ''Cleopatra'', protagonizada pola actriz [[Elizabeth Taylor]].
 
En total, entre os anos 1540 e 1905, escribíronse: 200 obras de teatro, 5 óperas, 5 ballets, incluso un dos cómics do popular [[Asterix|Astérix]] o galo estaba dedicado a ela e a súa historia ''Asterix e Cleopatra''. Realizáronse pinturas e esculturas (Tépolo, Regnault etc.). Os cineastas Méliès Mankiewicz e [[Cecil B. DeMille|Cecil B. De Mille]] dedicáronlle boas producións. No 2001 o [[Museo Británico]] dedicoulle unha exposición e con ese marco houbo un interesante debate sobre a súa beleza. E ademais de todo isto, existe unha marca de cigarros que leva o seu nome.
 
Na universidade[[Universidade de Beiging]] produciuse o sorprendente descubrimento dunha lousa coa figura de Cleopatra en relevo vestida de home. É a terceira imaxe da reina exipcia que aparece baixo esta roupaxe, o que fai pensar aos investigadores na súa razón de ser. Algúns afirman que as raíñas exipcias se vestían de home para aumentar o efecto do seu poder a través da masculinidade. Segundo outros, Cleopatra aparece vestida de home pola simple preguiza dos artistas que realizaron os gravados.
 
No ano [[2007]] fíxose pública a descuberta da posible tumba de Cleopatra e Marco Antonio en [[Tabusiris Magna]], un templo afundido baixo o mar a 30 quilómetros de [[Alexandría]].