Adelaida del Vasto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiños
Xoio (conversa | contribucións)
Liña 46:
 
=== Raíña consorte de Xerusalén ===
Mentres tanto, no [[reino de Xerusalén]], despois da morte da primeira esposa de [[Balduíno I de Xerusalén]], Godehilde, durante a [[Primeira Cruzada]], Balduíno casou cunha [[armenia]] nobre coñecida como [[Arda de Armenia]]. Arda foi moi útil nunha alianza cos [[Armenia|armenios]] mentres que Balduíno era aínda simplemente o [[Condado de Edesa|conde de Edesa]], pero cando se converteu en rei de Xerusalén en [[1100]] pareceulle que para un rei non era adecuada unha esposa armenia, polo que Arda foi obrigada a entrar nun convento ao redor de [[1105]].
 
En [[1112]] buscouse unha nova esposa para o rei. [[Arnulfo de Chocques]], patriarca latino de Xerusalén, suxeriu que Balduíno casase con Adelaida, xa que Roxerio II era o suficientemente maior para gobernar el só a Sicilia. Balduíno enviou embaixadores a Sicilia, e dalgunha maneira aceptou calquera condición que Adelaida puidese poñer; Adelaida exixiu que seu fillo, se tivesen un, herdaría Xerusalén, e se non tivesen fillos, o reino pasaría ao seu propio fillo Roxerio II. Adelaida levou consigo unha enorme cantidade de diñero que tanto se necesitaba no reino, así como algúns arqueiros musulmáns e uns mil soldados sicilianos.