Gaita escocesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cossue (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «sob»
Liña 13:
Pode ser que os [[Imperio Romano|romanos]] introducisen as gaitas nas [[Illas británicas]] ou que estas xa fosen usadas por outros pobos do seu contorno e estivesen xa presentes nas Illas. A mediados do [[século XVI]] en Escocia utilizábase unha gaita semellante á das Terras Altas que contaba cun único bordón tenor. Parece ser que a configuración actual (un bordón baixo e dous tenores) apareceu en [[Irlanda]], onde se coñece como gaita de guerra, e que foi traída entón e se adoptou, especialmente nas Terras Altas.
 
A gaita das Highlandas conservou a súa popularidade a partir do período [[barroco]], e non decaeu como lles sucedeu a outras gaitas, en boa parte porque foi incorporada como instrumento militar polos propios rexementos ingleses xa a partir do [[século XVII]]. O movemento [[Romanticismo|romántico]], coas súas pretensión de retomar un pasado tradicional e idílico ao modo burgués, encontrou un forte apelo na cultura escocesa. Coa creación do [[Imperio Británico]], o instrumento diseminouse polo planeta, até atoparse hoxe en día en rexións sorprendentes, como por exemplo o [[Oriente Medio]] e o [[Caribe (rexión)|Caribe]], en antigas colonias británicas. Após as dúas guerras mundiais, eventos nos que se utilizaran pola última vez os gaiteiros no fronte de batalla da forma "clásica", sentiuse a necesidade de atraer os xoves para a formación de novos gaiteiros. Así, formalizáronse as bandas rexementais (pipe bands) e iniciáronse os primeiros campionatos oficiais entre bandas, todo sobso a éxida de estatutos controlados por un consello oficial.
 
==En Galiza==