Ribeira de Piquín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.7
Sen resumo de edición
Liña 120:
 
== Patrimonio ==
Entre o seu patrimonio destacan: a igrexa de San Xoán de Baos e a de San Xurxo de Piquín, construída en [[1782]] preto do [[Río Eo|Eo]].
 
'''A igrexa de San Xoán de Baos'''<ref name=":0">{{Cita web|url=https://www.terrasdelugo.info/ribeira-de-piquiacuten.html|páxina-web=Terras de Lugo|título=Información sobre Ribeira de Piquín|data-acceso=31/07/2021}}</ref>, situada nun outeiro rodeado polo río Rodil, conformando igrexa e pobo un pintoresco cadro, no que parece ser unha construción castrexa. De amplas proporcións atópase revogada en cal, con tres naves cubertas con tellado de lousa e madeira no interior. ​No seu interior, destaca o retablo maior, neoclásico, así como a imaxe policromada de San Andrés, do século XV, situada no retablo lateral, de estilo renacentista.
 
A igrexa é unha das poucas que pertenceu en Galicia á orde militar e relixiosa de San Xoán de Malta (''Orde dos Cabaleiros de San Xoán de Xerusalén'') e conserva, como curiosidade, no muro sur polo exterior un reloxo de sol fabricado en 1742 en lousa da autoría dun Lombardero, familia de reloxeiros do s. XVIII con orixe en Santalla de Oscos, na veciña Asturias<ref>{{Cita web|url=https://galicious.es/2015/10/26/os-baos-la-iglesia-tenebrosa-de-ribeira-de-piquin/|título=Os Baos: la iglesia tenebrosa de Ribeira de Piquín|data-acceso=31/07/2021|nome=Mónica|apelidos=Castelao}}</ref>.
 
Ademais, no muro interior do lado oeste do mesmo pórtico (denominado polos veciños do lugar ''cabildro''), mesmo en fronte da fachada da igrexa, incrustadas nunha parede ben caleada, pódense ver as cinco caveiras humanas. As caveiras quedan altas (entre 2,66 e 3,44 metros), pero ordeadas, simulando a figura dun triángulo. Supoñen os veciños do lugar, dado o tamaño dalgunhas das caveiras, que poderían ser de persoas que aínda non chegaran á madurez, aínda que se contradín coa opinión popular, recollida e publicada, que explica que os cráneos poderían pertencer a antigos párrocos<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Abraira Pérez|nome=Miguel|data=2005|título=La muerte de cara y la cara de la muerte|revista=Gallaecia|ISSN=0211-8653|páxinas=335-367|número=24}}</ref><ref>{{Cita libro|título=Guía de campo da Galicia Encantada. Dos seres míticos e dos lugares que habitan|apelidos=Reigosa|nome=Antonio|editorial=Edicións Xerais de Galicia|ano=2020|ISBN=978-84-9121-646-9}}</ref><ref>{{Cita novas|data=03/02/2016|título=La iglesia de las cinco calaveras|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/o-incio/2016/02/03/iglesia-cinco-calaveras/0003_201602E3P60993.htm|data-acceso=31/07/2021|apelidos=Albo|nome=Francisco|xornal=La Voz de Galicia}}</ref>.
 
'''A Igrexa de San Xurxo de Piquín'''<ref name=":0" />, situada na beira esquerda do río Eo e datada no ano 1782, posúe un belo estilo neoclásico con muros de lousa. A súa planta é de cruz latina, formada por dúas capelas, cunha soa nave cuberta por unha bóveda de canón. ​No interior, un retablo neoclásico na capela lateral e unha cruz de prata en relevo. A igrexa está rodeada polo cemiterio e un entorno natural, o seu arco na entrada principal da paso ó seu solemne interior<ref>{{Cita web|url=https://terrasdeburon.es/gl/san-xurxo-de-piquin/|páxina-web=Terras de Burón|título=San Xurxo de Piquín|data-acceso=31/07/2021}}</ref>.
 
Neste concello naceu o artesán [[José Seivane]]. En agosto de [[2008]] no Chao de Pousadoiro foi inaugurado un busto na súa memoria. Na súa inauguración deu un concerto a súa neta, a gaiteira [[Susana Seivane]].