Carl Philipp Emanuel Bach: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 173:
Sobreviven 21 paixóns da súa autoría, un xénero tradicional de Alemaña que na época de Bach xa tiña cen anos, e que narra a vida de [[Xesús de Nazaret|Xesús]] segundo os [[Evanxeos]]. As obras de Bach empregan moito material doutros autores ou fan arranxos de obras súas máis antigas, unha práctica común no seu tempo, e son herdeiras directas do modelo estabelecido na fase final da carreira de Georg Philipp Telemann. Tamén están compostas para solistas vocais, tendo a Xesús como personaxe protagonista, acompañado doutros solistas para figuras importantes, e un coro que fai comentarios sobre a acción principal ou dá voz alternativamente a colectivos como os discípulos, o pobo, os soldados romanos, os sacerdotes xudeus, etc, co apoio dunha orquestra. As personaxes principais maniféstanse en xeral a través de recitativos ou ''[[arioso|ariosi]]'', con árias máis infrecuentes, e Xesés está máis frecuentemente retratado na súa condición humana e non divina, como o "Home das Dores" e o "Amigo da Humanidade", acompañando a unha nova orientación teolóxica da súa época, que enfatizaba a piedade, o amor e a paciencia diante do sufrimento. Ao ser obras integradas no culto, son de escasa duración, as máis longas non exceden unha hora, e empregan un conxunto reducido de executantes.<ref>{{Cita web |apelidos=Leisinger |nome=Ulrich |url=http://cpebach.org/prefaces/passions-preface.html |título=Preface: Passions |obra=Carl Philipp Emanuel Bach: The Complete Works|dataacceso=24 de xullo de 2021 |lingua=en}}</ref><ref>{{Cita web |apelidos=Leisinger |nome=Ulrich |url=http://cpebach.org/toc/toc-IV-4-1.html |título=IV/4.1: Passion according to St. Matthew (1769): Introduction |obra=Carl Philipp Emanuel Bach: The Complete Works |dataacceso=24 de xullo de 2021 |lingua=en}}</ref> A recepción desas obras non é moi coñecida. Un relato de Charles Burney na súa visita a Hamburgo de 1772, onde se encontrou con Bach, sinala que a comunidade da igrexa pretaba pouca atención á música e moitas veces, tendo tan só a estudantes ou afeccionados á súa disposición, estaba mal executada:
 
<nowiki>{{Cita centrada|O señor Bach acompañoume á Igrexa de Santa Catarina, onde oín unha boa música da súa autoría, moi mal interpretada para unha congregación completamente desatenta. Este home certamente naceu para escribir para grandes intérpretes, e para unha refinada audiencia, mais agora el parece estar fóra do seu elemento. Hai unha flutuación nas artes de toda cidade país onde estas son cultivadas, e este non é un período brillante para a música de Hamburgo. Na Igrexa, e despois no camiño cara á casa, tivemos unha conversa moi interesante: díxome que se estivera nun lugar onde as súas obras puideran ser ben executadas e ben escoitadas, el certamente mataríase no esforzo de agradar, mais agora 'Adeus música!', dixo, 'ese pobo son boas persoas para a vida social, e aquí gozo de máis tranquilidade e independencia da que tiña na corte; [mais] despois de cumprir os cincuenta anos desistín e dixen </nowiki>''Vamos comer e beber, pois mañá estaremos mortos!'', e agora me conformei con esta situación, excepto cando encontro persoas de gusto e discernimento, que merecen mellor música que aquela que lles damos aqui'." <ref>{{Cita web |apelidos=Corneilson |nome=Paul |url=http://cpebach.org/toc/toc-IV-7-1.html |título=IV/7.1: Passion according to St. John (1772): Introduction |obra=Carl Philipp Emanuel Bach: The Complete Works |dataacceso=24 de xullo de 2021 |lingua=en}}</ref>}}
 
=== Cancións ===