Quebec Nordiques: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 71:
Finalmente o goberno provincial non apoiou o rescate e Aubut tivo que vender o equipo a un grupo de investidores de [[Denver]].<ref name="sports"/> Oficialmente, o equipo foi vendido o [[25 de maio]] de [[1995]]. Con todo, foi durante os partidos das series eliminatorias fronte aos [[New York Rangers]] cando os rumores intensificáronse.<ref name="tempada final"/>
 
Os Nordiques foron vendidos por 75 millóns de dólares estadounidenses ao grupo [[Comsat Communication]] de Washington, instalándose en [[Denver]], no estado de [[Colorado, Estados Unidos de América|Colorado]], onde os Nordiques foron renomeados [[Colorado Avalanche|Avalanche]]. O fracaso dun proxecto de futuro [[Amphithéâtre de Québec|anfiteatro]], o tamaño do mercado de Quebec, a ausencia de límite salarial na NHL, e a falta de financiamento por parte do goberno foron os principais motivos da perda dos Nordiques.<ref>Poulin, Yves, ''1972-1995: Québec n'a plus les moyens de son rêve'', xornal [[Le Soleil (Quebec)|Le Soleil]], venres 26 de maio de 1995, p. A1, republicado o 25 de maio de 2011, [http://www.cyberpresse.ca/le-soleil/dossiers/vers-un-nouveau-colisee/201105/24/01-4402363-1972-1995-quebec-na-plus-les-moyens-de-son-reve.php consultado en liña] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20190915111436/https://www.lapresse.ca/ |date=15 de setembro de 2019 }} o 25 de decembro de 2014</ref><ref>Faucher, Jean-Robert, Michèle Viroly, Luci Tremblay et Monia Monger, ''Adieu les Nordiques!'', Radio-Canada, 25 de maio de 1995, [http://archives.radio-canada.ca/sports/hockey/clips/12377/ consultado en liña] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20141129075458/http://archives.radio-canada.ca/sports/hockey/clips/12377/ |date=29 de novembro de 2014 }} o 25 de decembro de 2014</ref> Na primavera de 1996, o [[Colorado Avalanche]] logrou a [[Stanley Cup]] na súa primeira tempada en Denver.<ref name="sports"/>
 
Logo do traslado da franquía, os Nordiques comezaron unha serie de movementos con outros antigos equipos de WHA, xa que tres das catro franquías procedentes da WHA mudaron a súa sede en tres anos, coa excepción dos [[Edmonton Oilers]]. O traslado do equipo de Quebec puxo en evidencia un problema da NHL, xa que os equipos cunha ampla masa social tiñan que mudar de cidade para poder competir co gran mercado e os contratos á alza. O ano seguinte do traslado dos Nordiques viu o traslado dos [[Winnipeg Jets (1972–1996)|Winnipeg Jets]] en [[Phoenix]], polo que a liga pasou a ter máis equipos no chamado [[Cinto do Sol]] que no [[Canadá]].<ref name="sports"/>
 
=== Construción dun novo pavillón e intentos por regresar á NHL ===