Huracan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Engade 1 libro para verificar) #IABot (v2.0.7) (GreenC bot
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
Na [[mitoloxía maia]], '''Huracan'''''(''en [[Lingua maia iucateca|maia]]'': '''hunracán''', ‘unha [soa] perna';'' '''hun''', un; '''''racan''''', perna) era o deus dos [[vento]]s, das [[Tormenta|tempestades]] e do [[lume]]. É a principal divindade do [[Popol Vuh]], sendo o único deus que está presente en todas as fases da historia da creación do mundo co nome de ''U K'ux Kaj'' (Corazón do Ceo) e descrito como espírito creativo e a orixe da vida.{{Sfn|Christenson||||2007|p=59}} Huracan amosa tres aspectos diferentes, que personifican o poder celeste: Raio Furacán, Raio Xove e Raio Repentino, a chuvia, o vento e o lóstrego. Dado que as tormentas traen auga (choiva) e lume (lóstrego), son vistos como cruciais para a vida, provoca que o raio teña un papel mitolóxico fundamental na fertilización da terra e nos cultivos.{{Sfn|Vail|Hernández|||2013|p=76}}
 
No Popol Vuh, Huracan, aínda que inflúe directamente en sucesos no mundo, tamén é quen dirixe aos outros personaxes. Esta deidade é a que desata o Gran Diluvio, versión [[Civilización maia|maia]] do [[diluvio universal|dioivo universal]], despois de que a segunda xeración de humanos enfadase aos deuses, invocou repetidamente "terra" ata que esta emerxeu dos mares, participou nos tres intentos de creación da humanidade, e, en particular, na creación do [[home]] a partir do [[millo]], e quen lle pide aos xemelgos [[Hunahpu e Xbalanque]] que maten ao malvado de Wukub Cak'ix.{{Sfn|Christenson||||2007|p=}}
 
O seu nome, entendido como '''unha soa perna''<nowiki/>', fai pensar no [[Deus K]] da iconografía maia posclásica e clásica, unha divindade do raio e cunha perna humá{{Sfn|Freidel|Schele|Parker||1993|p=199-200}}. O Deus K adoita ser coñecido como Bolon Tzacab, K'awaiil or Kauil. Alén diso, Huracan ten correspondencia con outras deidades similares de culturas precolombianas, como [[Tohil]] na mitoloxía [[Pobo k'iche'|K'ique']], [[Cocijo]] na mitoloxía [[Civilización zapoteca|zapoteca]], ou [[Tlaloc]] e [[Tezcatlipoca]] na mitoloxía [[azteca]].{{Sfn|Taube|4=|5=1992|p=148}}