A princesa prometida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Máis de ca.wiki
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 51:
 
== Produción ==
Dende 1973, ano da publicación da [[The Princess Bride (novela)|novela]] de William Goldman, [[20th Century Fox]] asegurou os seus dereitos de adaptación en 500&nbsp;000 dólares. [[Richard Lester]] foi contratado para dirixir o filme e a produción estaba a piques de comezar cando o director de produción de Fox foi despedido. O proxecto deixouse de lado e Goldman mercou todos os dereitos de adaptación. Máis tarde, [[Rob Reiner]] namorouse da novela e conseguiu asegurar os dereitos de adaptación grazas ao apoio financeiro de [[Norman Lear]].<ref>{{cita [3]libro|nome=William|apelidos=Goldman|título=Which Lie Did They Tell?|data=2000|editorial=Bloomsbury|páxina=25-27|lingua=en}}</ref>
 
A rodaxe tivo lugar do 18 de agosto ao decembro de 1986 en Bakewell, Burnham Beeches, Castleton, os [[cantís de Moher]], [[Sheffield]] e os estudos Shepperton.
 
A música do filme foi composta por [[Mark Knopfler]], a excepción dos créditos finais compostos e interpretados por [[Willy DeVille]].
 
== Galería de imaxes ==