Enrique Fernández Maneiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m modelo nomes
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Liña 2:
'''Enrique Fernández Maneiro''', nado no [[O Carril, Vilagarcía de Arousa|Carril]] ([[Vilagarcía de Arousa]]) en [[1905]] e finado na [[A Coruña|Coruña]] o [[1 de febreiro]] de [[1988]],<ref>''[[La Voz de Galicia]]'', 2-2-1988, p. 57.</ref> foi un sindicalista anarquista galego.
 
== Traxectoria ==
Mecánico fresador. Participou na constitución do Ateneo Sindicalista Libertario en [[Vigo]] en maio de 1931 e despois presidiu o Centro de Estudios Sociales da FLSU. Deuse a coñecer como sindicalista nas folgas do metal vigués dos anos 1932-1933. Organizou o Sindicato Metalúrxico afecto á [[CNT]] e incorporou á afiliación uxetista. En [[1934]] puxo en marcha o "Sindicato Minero y Profesiones Varias" nas [[minas de volframio de San Fins]] ([[Lousame]]) con [[Claro José Sendón]] e [[Ramón Rodríguez Varela]] (Curuxás). O [[6 de xaneiro]] de [[1936]] foi elixido secretario xeral do comité da [[Confederación Regional Galaica]]. Co [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] refuxiouse nos montes do Confurco ate [[1940]], cando se presentou ás autoridades despois de desbotar a posibilidade de incorporarse á guerrilla de Curuxás. En [[1942]] colaborou coa rede de espionaxe a prol dos Aliados artellada no Consulado británico de Vigo. Mantivo vencellos coa CNT clandestina en Vigo axudando a trasladar a [[José Luís Quintas Figueroa|José Luís Quintas]] ás [[minas de San Fins]] en [[1946]]. Nos últimos anos presidiu a Asociación de Jubilados do Barrio das Flores na Coruña.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= O anarquismo na Galiza|nome= Eliseo|apelidos= Fernández|ligazónautor= Eliseo Fernández Fernández|autor2= [[Dionisio Pereira|Pereira, Dionisio]]|ano= 2004|editor= Positivas|localización= Santiago de Compostela|isbn= 84-87783-79-1 |páxinas= 122-123}}
 
=== Ligazóns externas ===
* {{Nomes Voces|9441}}