Lingua arbëreshë: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: <br> → <br/> (3)
Sen resumo de edición
Liña 29:
A literatura albanesa en Italia comeza con [[Luca di Matranga]] (1567-1619), autor das primeiras poesías relixiosas en albanés (1592). A obra literaria máis antiga é á súa obra ''Gjella e Shën Merise'' (A vida da Virxe María, 1762) de [[Jul Variboba]], que é a obra máis orixinal da literatura albanesa antiga. A literatura arbëreshë forma parte da literatura albanesa, boa parte dos autores anteriores ao século XX procedían da diáspora, en especial de Italia e polo tanto a fala arbëreshë tivo un papel sobranceiro como fonte de arrequecimento lexical da lingua literaria albanesa. No Colexio Grego de Roma e nos dous colexios destinados á formación dos cregos albaneses, un en Calabria e outro en Sicilia, formáronse todos os intelectuais albaneses do século XVIII, e durante todo o período os escritores e poetas mantiveron como fonte de inspiración o motivo relixioso popular.
 
[[Girolamo De Rada]] (1814-1903), considérase o iniciador da literatura albanesa moderna, coa súa obra ''Os cantos de Milosao'', publicado no 1836, que é o gran poema do romantismo en albanés. ''Skanderbeku i pafan'' é a súa outra grande obra, os motivos presentes no seu traballo son o renacemento do pobo albanés e a independencia da Patria Nai, Albania, arriquecidos polo interese polo estudo da lingua albanesa e pola conservación da tradición popular. Baixo a guía de De Rada constitúese un grupo de intelectuais italo-albaneses que buscan reforzar a identidade arbëreshë e súa relación con Albania, Vincenzo Dorsa, Giuseppe Serembe, Angelo Basile e Gabriele Dara son os principais autores. [[Giuseppe Schirò]] (1865-1927), participa tamén activamente no rexurdimento albanés. Na primeira metade do [[século XX]] prodúcese a decadencia da literatura en albanés, tan só coa fin da [[Segunda Guerra Mundial]] actívase, sobre todo dende os anos 60, con autores como Giuseppe Schirò Di Maggio, Giuseppe Schirò Di Modica, Antonino Guzzetta, Giuseppina Demetra Schirò, Mario Bellizzi, Giuseppe Del Gaudio, Enza Scutari, Luis De Rosa, Angelo Matrangolo, Pasquale Renda ou Dushko Vetmo.
 
==Historia==