Carl Philipp Emanuel Bach: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 83:
As composicións para teclado constitúen o groso da súa obra completa, con máis de 300 obras catalogadas nesta categoría, principalmente [[sonata]]s, que chegan a máis de 150, das cales en torno a un cento foron publicadas en vida do compositor. O resto das pezas para teclado só inclúe [[fuga]]s, [[suite]]s de danzas, [[rondó]]s e [[Fantasía (música)|fantasías]]. Os dous primeiros xéneros estaban un pouco pasados de moda na súa época, e nos outros dous deixou achegas substanciais para a consolidación da súa fama como compositor orixinal. Inclúense neste grande grupo unha mestura doutras pezas de extensión variable e arranxos para teclado só de [[sinfonía]]s e [[concerto (xénero musical)|concertos]], e algunhas pezas para [[órgano (instrumento musical)|órgano]]. As coleccións máis importantes para teclado só son as seis ''Sonatas Prusianas'' Wq 48, as seis ''Sonatas Württemberg'' Wq 49, as seis ''Sonatas "Reprisen"'' Wq 50 e as seis ''Coleccións para Coñecedores e Diletantes'' Wq 55 / 56 / 57 / 58 / 59 / 61.<ref name="Keyboard Music">{{Cita web |apelidos=Berg |nome=Darrell M. |url=http://cpebach.org/prefaces/series1_preface.html |título=Prefacce Keyboard Music |editorial=Carl Philipp Emanuel Bach: The Complete Works |dataacceso=4 de maio de 2021 |lingua=en}}</ref>
 
Os instrumentos para esas obras tiñan diferentes características sonoras e técnicas, o que influíu no estilo diferenciado dos distintos grupos. O principal instrumento de tecla da xeración anterior era o [[clavicémbalo]], que ofereceofrece unha sonoridade uniforme; no máximo, no caso dos clavicémbalos con dous teclados, posibilitaba obter unha sonoridade forte e unha piano, mais non eran capaces de producir graduacións variadas e sutilezas de intensidade (dinámica). Na époco de Bach outros instrumentos de tecla foron aparecendo e gañando rapidamente popularidade, o [[clavicordio]] e o [[pianoforte]], que posibilitan obter matices sutís de dinámica, recursos que foron explorados constantemente polo compositor. O clavicordio era o seu preferido e boa parte da súa música para solo reflicte as súas capacidades sonoras específicas, aínda que o autor moitas veces non deixou indicacións de que instrumento de tecla debería ser empregado pola persoa que interpretara a súa música. Xá se sinalou que converteuse nun famoso virtuoso do teclado, e boa parte do seu prestixio deriva da súua capacidade de explorar as diferentes dinámicas con fins expresivos.<ref name="Keyboard Music"/> O relato de [[Charles Burney]] é ilustrativo:<ref name="Keyboard Music"/>
 
{{Cita centrada|O señor Bach sentouse entón xunto ao seu clavicordio Silbermann, o seu instrumento favorito, no cal executou tres ou catro de entre as súas mellores e máis difíciles composicións, con delicadeza, precisión e espírito, calidades polas cales é tan xustamente celebrado entre os seus compatriotas. Nos movementos lentos e patéticos, sempre que tiña que tocar unha nota longa, obrigaba ao seu instrumento a producir tal berro de dor e lamento que só pode ser obtido nun clavicordio, e quizais só por el.}}
[[Ficheiro:Carl Philipp Emanuel Bach - Sonatas Württemberg.jpg|miniatura|esquerda|300px|Frontispício das ''Sonatas Württemberg'' Wq 49.]]
As sonatas ''Prussianas'' e ''Württemberg'' son as máis famosas e influentes deste grupo. Os seus nomes derivan das súas dedicatorias. A primeira colección foi composta entre [[1740]] e [[1742]] para o rei Frederico II de Prusia, e a segunda, escrita entre [[1742]] e [[1744]], foi adicada ao [[duque de Württemberg]] [[Carlos Euxenio de Württemberg]], que foi o seu alumno. Segundo Hans-Günter Ottenberg, un dos editores da última edición das súas obras completas, que aínda está en proceso, con elas Bach converteuse nun dos compositores para teclado máis representativos da súa época. Foron impresas en numerosas ocasións e copiáronse en gran parte en manuscritos. [[Haydn]] e [[Beethoven]] posuían exemplares e a súa propia música evidencia o importantes que foron para a consolidación dos seus estilos persoais. Ao mesmo tempo introduciron novidades na estrutura e na abordaxe estilística da forma sonata, converténdose en modelos amplamente imitados, e deron un gran pulo á cristalización da sonata clásica máis típica, sendo posiblemente as coleccións para teclado máis influíntes que circularon na segunda metade do [[século XVIII]]. Johann Friedrich Reichardt, autor do segundo catálogo temático do compositor, dixo en [[1796]] que ningunha música composta no xénero as superara en beleza, en orde, na riqueza da súa harmonía e na nobreza da súa inspiración. O interese por elas continuou no [[século XIX]] a pesar do declive do prestixio xeral do compositor, sendo reeditadas varias veces.<ref name="Ottenberg"/> Todas contan con tres movementos, mais hai unha grande variedade de abordaxes nas seccións individuais. En xeral o primeiro movemento ten unha estrutura que deriva da [[trío sonata]] barroca, o segundo é unha invención libre, moitas veces co carátercarácter de fantasía ou [[recitativo]], e o terceiro emprega ritmos de danza como a [[xiga (baile)|xiga]]. A riqueza de solucións encontradas para o primeiro movemento, con notable desenvolvemento dos temas, é un factor decisivo para a súa relevancia na evolución da forma sonata. Ao mesmo tempo, mostran un emprego ousado e imprevisible das relacións harmónicas. En todos os sentidos as sonatas ''Württemberg'' son máis avanzadas que as ''Prusianas''.<ref name="Ottenberg">{{Cita web |apelidos=Ottenberg |nome=Hans-Günter |url=http://cpebach.org/toc/toc-I-1.html |título=I/1: “Prussian” and “Württemberg” Sonatas |editorial=Carl Philipp Emanuel Bach: The Complete Works |dataacceso=4 de maio de 2021 |lingua=en}}</ref><ref name="Routledge"/> En opinión de Ottenberg:<ref name="Ottenberg"/>
 
{{Cita centrada|Intensificou o ímpeto expresivo e dramático e tamén as posibilidades de variación. Continuamente encontra solucións compositivas sorprendentes, e exhibe materiais motívicos de xeito sempre novo, sen perder de vista o desenvolvemento temático e a unidade de conxunto. Reorganizou radicalmente o universo temático-motívico e adoptou unha nova abordaxe que [[Rudolf Steglich]] chamou da 'reelaboración temática de motivos transformables'. Unha linguaxe tonal tan subxectivamente intensificada e compositivamente avanzada debe ter sorprendido os seus contemporaneoscontemporáneos de forma inaudita, e o mesmo efecto debe ter ocorrido en relación á súa estrutura narrativa.}}
{{son
|header=
Liña 99:
| formato2 = [[Ogg]]
}}
Tamén son importantes as súas tres series de ''Sonatas "Reprisen"'', das cales a máis notable é a primeira (Wq 50), publicada en 1760, cuxo gran éxito animouno a compoñer as súas continuadoras. Teñen un elevado valor artístico, contendo exemplos en estéticas diversas, que van do máis lixeiro Estilo Galante a pezas con movementos de denso carátercarácter sinfónico. En termos formais empregan a antiga forma da sonata con ''[[ritornello|ritornelli]]'' (repetición literal das seccións), mais o compositor escribiu por na súa totalidade as ornamentacións e variacións das repeticións (de aí o nome das coleccións), que xeralmente non se anotaban nas partituras, senón que se deixaban ao criterio do executante, polo que teñen un carátercarácter claramente didático e son ao mesmo tempo documentos valiosos tanto do seu método de variación e ornamentación como do proceso evolutivo da forma sonata, que iniciaba a súa liberación dos ''ritornelli'' en dirección ao método de desenvolvemento temático que se fixou na música clásica.<ref>{{Cita libro |apelidos=Kramer |nome=Richard |título=Unfinished Music |editorial=Oxford University Press |data=2012 |páxinas=47-50 |lingua=en}}</ref><ref name="Routledge">Schulenberg, David. "Carl Philipp Emanuel Bach". In: Marshall, Robert (ed.). ''Eighteenth-Century Keyboard Music''. Routledge, 2004, pp. 172-208</ref>
 
As seis ''Coleccións para Coñecedores e Diletantes'' Wq 55 / 56 / 57 / 58 / 59 / 61 merecen mención polo seu amplo alcance, sendo o proxecto máis ambicioso do autor, ao cal adicou a maior parte das súas enerxías nos seus últimos dez anos de vida. O título pode ser enganoso: aparentemente non tiña en mente executantes máis ou menos competentes, mais de acordo co significado que as palabras tiñam no seu tempo, probablemente se refería, no primeiro caso, a teclistas que estaban tamén involucrados na creación musical, en contraste cos que tan só interpretaban obras alleas. De feito, as pezas teñen en xeral un alto grao de dificuldadedificultade, que xerou críticas e foi un dos factores que fixeron que as vendas das últimas coleccións caeran ata a metade en relación ás primeiras. Todas teñen seis pezas, coa excepción da cuarta, que ten sete, e inclúen sonatas, rondós e fantasías. Seguem a liña estética das outras sonatas, foron plantexadas especificamente para execución ao clavicordio ou o pianoforte, e achegan novas provasprobas do seu talento para a exploración infinita de novos recursos. Entre a crítica, a recepción das coleccións foi en xeral moi favorable, louvando a súa inesgotable inventividade. A inclusión de rondós, xenero que xurdira recentemente e cuxa novidade causara expectación, foi outro motivo para a súa gran popularidade.<ref name="Hogwood">{{Cita web |apelidos=Hogwood |nome=Christopher |url=http://cpebach.org/toc/toc-I-4-1.html |título=I/4.1: “Kenner und Liebhaber” Collections I: Introduction |editorial=Carl Philipp Emanuel Bach: The Complete Works |dataacceso=4 de maio de 2021 |lingua=en}}</ref><ref name="Routledge"/> Segundo David Schulenberg, eses rondós e fantasías son as súas composicións máis importantes para o teclado fora do dominio da sonata, cheos de vivacidade e inventividade e dun nivel tan consistentemente alto que é difícil destacar algunha peza illada.<ref name="Routledge"/> Cando apareceu a quinta colección en [[1786]], o ''Magazin der Musik'' deixou unha nota eloxiosa que reflicte o espírito de todo o conxunto:<ref name="Hogwood"/>
 
{{Cita centrada|O xenio musical de noso gran Bach parece ser inesgotable. Por máis que alguén estude as súas sonatas, rondós e fantasías, das cales el continuamente nos ofereceofrece novos exemplos, e por máis que se poida comparalas entre si ou co traballo doutros mestres, sempre descubrimos que cada peza é enteiramente nova e orixinal na súa invención, e ao mesmo tempo o espírito de Bach está inequivocamente presente en todas elas; así este compositor é literalmente incomparable.}}
 
=== Música orquestral ===