Fondo Monetario Internacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Reemplazos con Replacer: «en Estados Unidos»
Liña 110:
Un equipo de funcionarios do FMI reúnese, xeralmente tódolos anos, con autoridades do goberno e do banco central (sindicatos, asociacións de empresarios, catedráticos, órganos lexislativos e operadores financeiros) de cada un dos países membros a fin de examinar a evolución e a política económica do país. Para realizar a supervisión dos países, un equipo do FMI visita o país, obteñen información económica e financeira e analiza coas autoridades nacionais o acontecido recentemente no plano económico e as políticas monetaria e fiscal, así como as medidas estruturais. Normalmente, os funcionarios preparan unha declaración final que resume o discutido co país membro deixándoo en mans das autoridades quen teñen a opción de publicalo. No plano global, o Directorio Executivo parte en gran medida dos informes elaborados polos funcionarios técnicos sobre as perspectivas da economía mundial e os mercados financeiros. Con todo, un informe independente elaborado por un equipo da ''Oficina de Avaliación Independente do FMI'' '(OIE) para o período (2004-2007), que precedeu á crise económica de 2008 sinalou a incapacidade do FMI de prever a crise durante estes anos.<ref>[http://www.ieo-imf.org/ieo/files/completedevaluations/01102011Crisis_Main_Report_SPANISH.pdf ''Desempeño del FMI durante el período previo a la crisis financiera y económica: La supervisión del FMI entre 2004-07''.] Oficina de Avaliación Independente do FMI. Ruben Lamdany e Nancy Wagner, 10 de xaneiro de 2011</ref> O informe sinala que durante este período "a mensaxe repetida constantemente era o dun optimismo permanente" e o FMI compartía a idea estendida de que "unha crise grave dos principais países industrializados era pouco probable". Ata os primeiros momentos da crise e mesmo en abril de 2007, "a mensaxe do FMI ... presentaba unha contorna económica internacional favorable". O FMI prestara pouca atención á deterioración dos balances dos sectores financeiros, os posibles vínculos entre a política monetaria e os desequilibrios mundiais e a expansión do crédito. O FMI non vira os principais compoñentes subxacentes da crise en xestación. O presidente ruso [[Vladímir Putin]] tamén destacou este problema, pedindo unha reforma do FMI para que sexa máis rápido na toma de decisións efectivas nunha contorna financeira moi cambiante rapidamente.<ref>http://french.ruvr.ru/2013_06_14/Pour-Poutine-l-efficacite-et-la-transparence-sont-les-facteurs-cles-de-la-croissance-economique-mondiale-9059/</ref>
 
EnNos Estados Unidos, o FMI non analizou a degradación das regras para a concesión de hipotecas, nin o risco desta situación para as institucións financeiras e "mantívose optimista sobre a propensión á titulización para diluír os riscos". En febreiro de 2006, o "Programa de Avaliación do Sector Financeiro" (PESF) que trataba sobre o Reino Unido afirmaba que "as carteiras de préstamos hipotecarios dos bancos non parecen representar unha fonte importante de vulnerabilidade directa". En canto a [[Islandia]], onde o crecemento do sector bancario aumentou do 100&nbsp;% ao 1&nbsp;000&nbsp;% do PIB en 2003, a supervisión do FMI "fallou notoriamente ao non sinalar os perigos dun sistema bancario sobredimensionado". En 2007, os informes do FMI afirmaban que "as perspectivas a medio prazo de Islandia seguen sendo envexables". O FMI saudaba as "innovacións financeiras" e recomendaba a outros países avanzados o uso dos mesmos métodos que os Estados Unidos e o Reino Unido. Neste contexto, o FMI criticaba en 2006 a [[Alemaña]] e a [[Canadá]]. Para este último país, declaraba que "as tímidas estratexias" do sistema bancario do Canadá ofrecían rendementos dos activos moito máis baixos que nos Estados Unidos". Os consellos do FMI a estes países centrábanse especificamente en contra das "barreiras estruturais, algunhas das cales axudaron a protexer a estes países dos factores que desencadearon a crise".<ref>[http://www.ieo-imf.org/ieo/files/completedevaluations/Crisis%20FRE.pdf Rapport dévaluation de l'IEO (Independent Evaluation Office du FMI)]</ref>
 
Se o informe de primavera do 2008 "sobre a estabilidade financeira no mundo" (GFSR), informaba de que as principais institucións financeiras poderían ter problemas de solvencia no verán de 2008, o FMI "afirmaba con énfase que a crise estaba baixo control". En maio de 2008, en Bruxelas, [[Dominique Strauss-Kahn]] dixo sobre o sector financeiro que "as peores noticias deixámolas atrás".<ref>[http://www.lepoint.fr/economie/fmi-le-mea-culpa-de-dsk-09-02-2011-1293692_28.php ''FMI - Le mea culpa de DSK''.] Le Point, 9 de febreiro de 2011</ref>