Tiresias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Profecías de Tiresias: corrixo lig. int.
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 30:
Tamén soubo descubrir os crímenes de [[Edipo]], que matou ó pai e casou coa nai, e por esa causa se abateu unha peste sobre Tebas. En ocasión da expedición dos [[Os sete contra Tebas|Sete contra Tebas]] ([[Polinices]] e seis xefes aliados) vaticinou que a cidade se salvaría se se sacrificaba a [[Ares (deus)|Ares]] un descendente de [[Creonte]].
 
{{cita|"''Como os tebanos desconfiaran das súas forzas, o adiviño Tiresias anunciou que se alguén da estirpe do dragón perecía, a cidade superaría o desastre. Cando Meneceo'' [fillo de Creonte] ''deusese deu de conta de que só el podía salvar a cidade, tirouse desde a muralla e os tebanos alcanzaron a vitoria''".|(Hixino: 68, 4)}}
 
Noutra ocasión aconsellou a [[Penteo]] non opoñerse á introdución do culto de [[Dioniso]] en [[Beocia]], e tamén predicíu a morte de [[Narciso (mitoloxía)|Narciso]]. No regreso de [[Ulises]] de [[Guerra de Troia|Troia]], aconsellou ó heroe que non tocara as vacas sagradas de [[Helios]], cousa que ignoraron moitos dos seus compañeiros e morreron por iso. Igualmente, o consello de Tiresias salvou a Ulises de morrer absorbido por [[Caribdis]], un mostro mariño, fillo de [[Poseidón]] e [[Xea]], que tragaba enormes cantidades de auga tres veces ó día, e devolvíaas outras tres veces, creando así un remuíño que devoraba a todo aquel que se poñía ó seu alcance.