Guerras iugoslavas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 38:
O segundo conflito, a [[Guerra de Croacia|guerra croata de independencia]], tamén levou a cabo coa mesma motivación, pero deveu abertamente nacionalista, como un choque entre os nacionalismos serbio e croata personificados en Serbia polo Presidente [[Slobodan Milošević]] e o Presidente [[Franjo Tuđman]] en Croacia. En xaneiro de [[1992]] o [[Plan de paz Vance]] determinou que a [[ONU]] tomaría o control dalgunhas zonas e acabou co conflitos militares, aínda que ata [[1995]] non se deterían definitivamente os ataques esporádicos de artillería sobre cidades croatas e as incursións ocasionais de forzas croatas en zonas baixo o control da [[ONU]].
 
En 1992 o conflito chegou a [[Bosnia e Hercegovina]], onde loitarían tres faccións: os serbios, os croatas e os bosníacos, que diferían principalmente na súa relixión tradicional: [[Igrexa Ortodoxaortodoxa|ortodoxos]], [[Igrexa Católicacatólica|católicos]] e [[Islam|musulmáns]], respectivamente. Foi con moito o conflito máis sanguento das guerras de Iugoslavia.
 
As guerras iugoslavas no oeste remataron co retiro militar na [[Eslovenia]], a derrota dos rebeldes serbios na [[Croacia]] e a sinatura dos [[Acordos de Dayton]] en [[1995]] por Bosnia seguido da intervención militar contra o lado serbio pola [[OTAN]].