Celso Emilio Ferreiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 70:
Trala morte do poeta, a diáspora galega en Madrid quixo compartir a súa orfandade cunha multitudinaria homenaxe celebrada tres meses despois (3 de novembro de 1979) no Palacio dos Deportes. En palabras de César Arias ''“foi o maior acto que se fixo na Transición a un poeta”''.<ref>{{Cita libro|título=Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro. Apuntamentos sobre a actividade asociativa e literaria de Celso Emilio Ferreiro en Madrid.|apelidos=Acuña|nome=Ana|ano=2012|ISSN=1138-9664|páxinas=145 - 152|serie=Madrygal|volume=XV}}</ref>. Cabe salientar tamén a homenaxe que recibiu o poeta en Santiago de Compostela o 28 de outubro dese mesmo ano, organizada polos sindicatos de CC.OO e UGT (en realidade por unha comisión formada por Benedicto, Arturo Reguera, Chichi Campos e Xesús Redondo Abuín). Dez mil persoas chegadas de toda Galicia ateigaron o pavillón do Sar de Santiago onde se cantaron, recitaron e festexaron de forma emocionada as palabras do poeta. <ref>{{Cita web|url=https://www.crtvg.es/cultural/especiais/biografia-de-celso-emilio-ferreiro-celanova-1912-vigo-1979|páxina-web=CRTVG|título=Especiais|data-acceso=16/03/2021}}</ref><ref>{{Cita novas|data=30/08/2009|título=Celso Emilio Ferreiro, 30 aniversario|url=https://www.farodevigo.es/opinion/2009/08/30/celso-emilio-ferreiro-30-aniversario-17905831.html|data-acceso=16/03/2021|apelidos=Bragado|nome=Manuel|xornal=Faro de Vigo}}</ref>En 1981, o concello Vigo institúe o Premio de Poesía Celso Emilio Ferreiro. Ese mesmo ano crease tamén en Santiago a Fundación Celso Emilio Ferreiro.
 
O propio concello de Celanova celebrou en 1981 unha semana de actividades en homenaxe ao poeta, nesta semana tamén se celebrou un concurso de redacción, un festival musical e unha charla no Ateneo a cargo do profesor da Universidade de Santiago, Benito Varela Jácome. A este recoñecemento uníronse Uxío Novoneyra, Lauro Olmo, Antón Tovar e Anxo Tarrío para falar da obra e figura do poeta. ''«A Celso Emilio hai que definilo a través dá súa poesía: entrañable, próxima, clara»'', dicía Novoneyra. ''«Era un home cun gran sentido da liberdade, militante galego»,'' apuntaba Lauro Olmo<ref>{{Cita novas|data=27/03/2021|título=1981: Celso Emilio Ferreiro, entre el recuerdo y la crítica|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2021/03/26/celso-emilio-ferreiro-recuerdo-critica/0003_202103O26C6991.htm|data-acceso=27/03/2021|xornal=La Voz de Galicia}}</ref>
 
Xa no ano 2003, co gallo dos 25 anos do seu pasamento, realízanse numerosos actos na honra do escritor de Celanova e volve a editarse boa parte da súa obra.