Auxías: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
Ademais da dificultade física de retirar semellante cantidade de esterco, Heracles debía facer este traballo nun só día, o que o convertía en tarefa imposible. Deste xeito, Euristeo non só pretendía facer que Heracles fracasara no intento, senón que fracasara dunha forma humillante, nun traballo propio de servos.
 
Heracles acordara con Auxías un pago por este servizo, sen advertirlle que era por orde de Euristeo. Segundo uns, se o facía nun só día daríalle parte do seu reino; segundo outros, daríalle o décimo do seu gando <ref>Pseudo-Apolodoro.</ref>. Unha vez pactado o prezo, diante do fillo, Fileo, Heracles abriu unha canle no chan das cortes <ref>Segundo Graves, coa axuda do seu sobriño [[Iolao]].</ref> e desviou o curso de dous ríos inmediatos, o [[río Alfeo|Alfeo]] e o [[río Peneo|Peneo]], facendo pasar a arroiada polo centro, de xeito que a auga arrastrou sen problemas todo o esterco.
 
Auxías negouse a pagar o acordado porque, dixo, o traballo fixérano todo os deuses do río; ou, segundo Pseudo-Apolodoro, porque se enterou de que llelo mandara Euristeo. Incluso negouse a recoñecer que se comprometera a nada con el. O asunto chegou ante os xuíces, e Heracles chamou como testemuña a [[Fileo]], quen acreditou que sí aceptara pagar polo traballo, en contra do que agora dicía o pai. Pero antes de que se ditara sentenza, Auxía expulsou do reino ó fillo e a Heracles.