Periclímeno (fillo de Neleo): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 7:
 
Periclímeno destacaba pola súa gran forza e era o máis valoroso dos fillos de Neleo <ref>Pseudo-Apolodoro II, 7, 3.</ref>. Poseidón concedeulle ademais a capacidade de cambiar de forma no animal que quixer e, cando [[Heracles]] atacou e conquistou Pilos, enfrontouse con Periclímeno. Este transformouse primeiro en [[león]], logo en [[serpe]] e tamén en [[abella]], para tomar finalmente a forma dunha [[aguia]]. Pero todo iso non evitou que Heracles terminara matándoo coas súas frechas <ref>Hixino contradi a versión dos outros mitógrafos s e di que "''Evitou a morte ó transformarse en aguia grazas a un don do seu avó Neptuno''" (''Fábulas'' 10, 2). Outras fontes din que Atenea o advertiu da metamorfose en abella e que Heracles o matou neste estado.</ref>, para logo matar tamén ó resto dos seus irmáns, coa única excepción de [[Néstor (mitoloxía)|Néstor]], que se criaba fóra de Pilos <ref>"''Por ser aínda novo criábase entre os [[Xerenia|xerenios]]''" (Pseudo-Apolodoro II, 7, 2). Segundo Hixino, [[Apolo]] concedeulle vivir os anos arrebatados ós seus irmáns e viviu durante tres xeracións (Hixino: ''Fábulas'' 10, 3). Outras tradicións din que morreu canda os outros irmáns (Grimal, s.v. ''Neleo'').</ref>.
 
{{cita|[Fala Néstor con Tleptólemo] "''Doce eramos os fillos de Neleo, unha xuventude admirable; os doce, excepto eu, sucumbiron á furia de Hércules, e que fose capaz de vencer ós demais pode soportarse, pero resulta asombrosa a morte de Periclímeno, a quen Neptuno, fundador do sangue de Neleo, outorgara o don de adoptar as figuras que quixera e logo abandonalas. Tomou este en van toda clase de formas e transformouse na ave que adoita levar os raios nas súas poutas e é a máis querida do rei dos deuses... O tirintio frecha el o seu arco, infalible, e mentres se eleva e paira entre as nubes, alcánzalle onde a ala se une ó flanco''".|(Ovidio: ''Metamorfosis XII, 553-566)}}
 
Periclímeno foi un dos [[argonautas]] <ref>Pseudo-Apolodoro I, 9, 16; Hixino 14, 14.</ref>.