Ióbates: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
comezo, a partir da Bibliografía máis a información da esWiki
 
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 3:
'''Ióbates''' foi un rei de [[Licia]] <ref>Unha rexión da costa suroeste de Asia Menor.</ref>.
 
Acolleu a [[Preto]] cando este foi expulsado polo seu irmán [[Acrisio]], e casouno coa súa filla [[Estenebea]] (ou Antea, segundo [[Homero]]), dándolle a cidade de [[Tirinto]]. Por outra banda, [[Belerofonte]] matara accidentalmente ó rei de [[Corinto antiga|Corinto]], [[Delíades]] (quizais irmán de Belerofonte), e tivo que fuxir da cidade. Foi a Tirinro, onde foi purificado por Preto.
 
Estenebea intentou manter relacións con Belerofonte pero este rexeitouna. Entón, ela acudiu ó seu home, Preto, dicíndolle que Belerofonte intentara seducila, e Preto creuna. Por respecto á lei de hospitalidade, Preto non podía matar a Belerofonte coas súas mans, polo que o mandou onda Ióbates a entregarlle unha carta na que lle pedía que o matara.
Por outra banda, [[Belerofonte]] matara accidentalmente ó rei de [[Corinto antiga|Corinto]], [[Delíades]] (quizais irmán de Belerofonte)
 
Íobates, mo canto de cumprir directamente o encargo, mandoulle buscar e matar a [[Quimera (mitoloxía)|Quimera]], un ser monstruoso con cabeza de león, corpo de cabra (ou unha cabeza de cabra nas costas) e cuartos traseiros de serpe ou dragón. Ióbates daba por feito que Belerofonte nunca o podería conseguir e que morrería no intento, pero este a matou a frechazos desde a seguridade que lle daba volar sobre o seu cabalo alado [[Pegaso (mitoloxía)|Pegaso]].
Cando Belerofonte volvía matar a [[Quimera (mitoloxía)|Quimera]] a presentarse a [[Ióbates]], este tendeulle unha trampa con intención de matalo. Para protexelo, Poseidón mandou grandes ondas que avanzaban tras el e asolagaron a chaira fronte ó palacio.
 
Vindo que Belerofonte sobrevivira a este traballo, mandouno a loitar contra os sólimos, un pobo próximo belicoso e moi feroz, e tamén os venceu. Mandoulle entón a loitar contra as [[Amazonas (mitoloxía)|Amazonas]], e tamén resultou vitorioso. Entón ordenou a un grupo escollido dos seus soldados que organizaran unha emboscada e lle deran morte, pero Belerofonte os venceu e matou a todos eles.
 
Ante estes feitos, Ióbates quedou admirado e recoñeceu a orixe divina do heroe. Mostroulle a carta recibida de Preto e invitoulle a quedarse ó seu servizo, casándoo coa súa filla [[Filónoe]] (ou Anticlia), coa que tivo dous fillos e unha filla, [[Laodamía]], que se uniría a [[Zeus]] para enxendrar o heroe [[Sarpedón]]. Cando Íobates morreu, Belerofonte herdou o reino.