Diferenzas entre revisións de «Glauco (fillo de Sísifo)»

corrixo
(corrixo)
'''Glauco''' era, na [[mitoloxía grega]], o fillo de [[Sísifo]] e [[Mérope]], filla de [[Atlas (mitoloxía)|Atlas]]. Sucedeu a Sísifo no trono da cidade de [[Éfira]], hoxe [[Corinto antiga|Corinto]].
 
Casou coa filla de [[Niso (fillo de Pandión II)|Niso]], [[Eurímede]] <ref>Segundo Pseudo-Apolodoro: ''Biblioteca mitológica'' I, 9, 3.</ref> ou [[Eurínome (filla de Niso)|Eurínome]] <ref>Segundo Hixino: ''Fábulas'' 157.</ref>, e tivo un fillo, o heroe [[Belerofonte]], que as tradicións consideran realmente fillo de [[Poseidón]] con Eurínome. De feito, Poseidón preotexíaprotexía a Belerofonte: cando este volvía de matar a [[Quimera (mitoloxía)|Quimera]] para presentarse a [[Ióbates]], este tendeulle unha trampa con intención de matalo, e para protexelo, Poseidón mandou grandes ondas que avanzaban tras el e asolagaron a chaira fronte ó palacio.
 
A sona de Glauco corresponde co momento e a forma da súa morte. Glauco fora vencido por [[Iolao]], fillo de [[Ificles]], nunha carreira de carros durante uns xogos fúnebres en honor a [[Pelias]]. Segundo [[Esquilo]], puido morrer nun accidente da súa [[cuadriga]] durante a carreira ou durante o regreso a casa. Pero segundo outras tradicións, as [[cabalo|eguas]] volvéronse rabiosas trala carreira, ben Glauco abeberou as eguas nunha fonte que resultou ser máxica, ben porque [[Afrodita]] as enfureceu como castigo a Glauco porque non as permitía aparearse, para que así fosen máis veloces; tamén se di que as alimentaba con carne humana para darlles forza nas carreiras pero como neste caso non lles tiña carne volvéronse contra el. O caso é que nese estado, as eguas o devoraron <ref>"''A Glauco, fillo de Sísifo, nos xogos fúnebres en honor a Pelias, as súas propias eguas devorárono'' (Hixino: ''Fábulas'' 250, 3).</ref>.
58.818

edicións