Minotauro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 16:
Minos estaba avergoñado de que a muller parira semellante monstro, pero ademais era unha criatura salvaxe, polo que Minos consultou co [[Oráculo de Delfos]] e mandou a Dédalo construír un labirinto xigante para contelo de xeito seguro para todos <ref>E. Pottier suxire que este labirinto foi unha copia, en pequeno, do xigantesco labirinto que mandara construír o faraón [[Amenemhat III]] como palacio e como a súa futura tumba (Benavente e Ferro: ''O libro da vaca'', 1399). Tamén se ten relacionado o mito cos inmensos -e enmarañados- palacios descubertos en [[Cnosos]] e outras cidades micénicas.</ref>.
 
Porén ocorreu que [[Androxeo]], fillo de Minos, foi morto polos [[Atenas|atenienses]], que envexaban as vitorias que el conseguía no [[Festivais Panatenaicos|festival panatenaico]]. Para vingar a morte do seu fillo, Minos declarou a guerra contra Atenas. Lanzou tal maldición contra a cidade que caeu sobre ela unha terrible peste, o que obrigou ós atenienses a rendirse sen condicións. Minos esixiulles entón o envío dun tributo anual formado por catorce mozos de ámbolos sexos <ref>Sete mozos e sete mozas (Pseudo-Apolodoro III, 15, 8). Tamén a periodicidade é variable segundo as fontes: cada ano, cada tres ou cada nove anos. Isto lembra a lenda do [[Tributo das cen doncelas]] que correocorre enpor Galicia, ou sete doncelas en [[Simancas]] (Valladolid). Na parroquia de [[Sarandós, Abegondo|Sarandós]], en [[Abegondo]], existe a chamada torre de Peito Bordelo ou Pazo das Torres de Bordel, torre na que, segundo a lenda, se concentraban as cen doncelas antes de envialas como tributo á corte do califato de Córdoba.</ref>.
 
{{cita|"''Cando Minos... loitou contra os atenienses, o seu fillo Androxeo resultou morto na batalla. Despois de ser vencidos, os atenienses comezaron a ser tributarios de Minos, pero tamén determinou que cada ano enviaran a sete dos seus fillos como pasto do Minotauro''".|(Hixino: ''Fábulas'' 41)}}