Nikolai Rimskii-Korsakov: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 191:
Para Rimskii-Korsakov, a utilización dun programa en música era natural, se o seu comentario é tomado en sentido literal "na miña opinión, mesmo un tema popular ten algunha especie de programa".{{Harvnp|Frolova-Walker|2001|p=21:409}} Compuxo a maioría das súas obras orquestrais neste xénero en dous períodos da súa carreira: nos seus inicios, con ''Sadko'' e ''Antar'' (tamén coñecida como a súa ''Segunda Sinfonía'', Op. 9), e na década de 1880, con ''Scheherezade'', ''Capriccio Espagnol'' e ''Abertura da gran Pascua rusa''. A pesar da diferenza entre estes dous períodos, o enfoque xeral do compositor e o xeito no que emprega os seus temas musicais permaneceron consistentes. Tanto ''Antar'' como ''Scheherezade'' usan un robusto tema "ruso" para retratar os protagonistas masculinos (a personaxe que dá nome á obra en ''Antar''; o sultán en ''Scheherezade'') e un tema "oriental" máis sinuoso para os papeis femininos (a [[peri]] Gul-Nazar en ''Antar''; a personaxe que dá nome á obra en ''Scheherezade'').{{Harvnp|Maes|2002|p=82, 175}}
 
Onde Rimskii-Korsakov cambiou entre estes dous conxuntos de obras foi na orquestración. Mentres que as súas obras eran sempre aclamadas polo seu emprego imaxinativo das forzas instrumentais, as texturas pouco densas de ''[[Sadko (Rimskii-Korsakovcadro musical)|Sadko]]'' e ''[[Antar (Rimskii-Korsakov)|Antar]]'' descoran en comparanza coa exuberancia das obras máis populares da década de 1880.{{Harvnp|Frolova-Walker|2001|p=21:409}} Sen descoidar nunca o principio de resaltar os "matices primarios" da cor instrumental, foi incrementado en obras posteriores por un sofisticado selo de efectos orquestrais,{{Harvnp|Frolova-Walker|2001|p=21:409}} algúns recollidos doutros compositores, incluído [[Richard Wagner|Wagner]], mais moitos inventados por el mesmo.{{Harvnp|Frolova-Walker|2001|p=21:409}} Como resultado, estas obras semellan mosaicos de cores brillantes, que chaman a atención por si mesmos e frecuentemente escritos cunha xustaposición de grupos puramente orquestrais.{{Harvnp|Abraham|1980|p=16:32}} O ''tutti'' final de ''[[Scheherazade (Rimskii-Korsakov)|Scheherazade]]'' é un excelente exemplo desta escritura. O tema é asignado aos [[trombón]]s, que tocan en unísono, e é acompañado por unha combinación de motivos nas [[Instrumentos de corda fretada|cordas]]. Mentres tanto, outro motivo alterna con escalas cromáticas nas [[Instrumento de vento-madeira|madeiras]] e un terceiro patrón rítmico é tocado pola [[Instrumento de percusión|percusión]].{{Harvnp|Abraham|1980|p=16:32–33}}
 
As súas obras orquestrais amosan a dobre influencia de [[Milii Balakirev|Balakirev]] e [[Franz Liszt|Liszt]]: do primeiro o uso da escala de tons enteiros e o [[orientalismo]] musical, e do segundo na súa audacia harmónica, así como a natureza programática da súa música.{{Harvnp|Frolova-Walker|2001|p=21:409}} Ademais Rimskii-Korsakov continuou cos ideais musicais propugnados polos Cinco. Empregou temas litúrxicos na súa ''[[Abertura da gran Pascua rusa]]'', a cal tamén segue o deseño da ''[[Segunda abertura sobre temas rusos]]'' de Balakirev; o ''[[Capriccio Espagnol]]'' baséase en temas populares, mais a súa estrutura é máis [[Rapsodia (música)|rapsódica]]; ''[[Scheherezade (Rimskii-Korsakov)|Scheherezade]]'' converteuse na expresión máis coñecida do orientalismo musical ruso e posiblemente a súa obra máis popular.{{Harvnp|Frolova-Walker|2001|p=21:409}}{{Harvnp|Maes|2002|p=175–176}} Nesta última obra, o sultán é introducido por un poderoso tema nos metais e Scheherezade é representada polos arabescos dun violín solista; o tema de Scheherezade enlaza esta peza co orientalismo dos Cinco e co [[poema sinfónico]] ''[[Tamara (Balakirev)|Tamara]]'' de Balakirev.{{Harvnp|Frolova-Walker|2001|p=21:409}}{{Harvnp|Maes|2002|p=175–176}} Rimskii-Korsakov consideraba que o ''Capriccio Espagnol'', a ''Abertura da gran Pascua rusa'' e ''Scheherezade'' "pechaban un período da miña obra, ao final do cal a miña orquestración acadou un nivel considerable de virtuosismo e calidez sonora sen ningún tipo de influencia wagneriana, limitándome a empregar unha orquestra normal tal e como Glinka usaba nas súas obras".{{Harvnp|Abraham|1945|p=83}} Outro exemplo de orientalismo é o poema sinfónico ''[[Noite no monte Triglav]]'', un arranxo sinfónico do Acto III da ópera ''[[Mlada (Rimskii-Korsakov)|Mlada]]''.{{Harvnp|Maes|2002|p=175–176}}