Béthune: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 93:
=== Domino dos Habsburgo ===
[[Ficheiro:Béthune - Old map - 001.jpg|miniatura|Béthune en 1500]]
En 1506 ao herdar [[Carlos I de España|Carlos de Habsburgo]] Borgoña converteuse tamén en señor de Béthune. Nesta época refórzanse as fortificacións da vila e desprázase a igrexa dedicada a San Vedasto ao interior do recinto amurallado e planifícase a canle do Lawe. Ao tempo Béthune experimenta unha importante expansión e un desenvolvemento da industria téxtil e do comercio de gran o que favorece a instalacón de gremios especializados, como os dos tintureiros ou o dos goldreiros.
 
==== Das guerras á revolución ====
As tropas francesas asedian a vila en 1645 e remata capitulando e polo tratado dos Pireneos de 1659 [[Luís XIV]] finalizou coas pretensións españolas. Baixo a dirección de [[Sébastien Le Prestre de Vauban]] refórzanse as murallas. En 1710 no decurso da [[Guerra de Sucesión Española]] un exército aliado dirixido polos neerlandeses sitiou a vila e tras conquistala permaneceu baixo a súa soberanía durante tres anos.
 
== Notas ==