Ruth Crawford Seeger: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Antropoloxía mediante HotCat
Lles (conversa | contribucións)
m →‎Traxectoria: Sen cursiva https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/folk
Liña 11:
A súa actividade creativa pode dividirse en dúas etapas: de 1924 a 1929, na que, influída pola obra de Aleksandr Skriabin, experimentou coa [[atonalidade]] e os ritmos irregulares, e de 1930 a 1933, en que participou da música serial. A súa obra máis difundida, nunha produción moi curta, é o ''Cuarteto de corda'', de 1931, no que "ordenacións de altura, ritmo, duracións e dinámica anticipan a música vangardista da posguerra mundial".<ref name="Ross">Alex Ross, ''The rest is noise: Listening to the Twentieth Century'', New York, Farrar, Straus & Giroux, 2007).</ref>
 
En 1932 Ruth Crawford contraeu matrimonio co compositor, musicólogo e teórico Charles Seeger, cuxas ideas musicais influíron tanto nas súas composicións coma na súa posterior dedicación exclusiva ao folclore.<ref name="Ross"/> O matrimonio tivo catro fillos, dous deles, Peggy e Mike Seeger, dedicados tamén á música ''folk''. Charles Seeger achegou á unión o fillo do seu primeiro matrimonio, entón de trece anos de idade, que máis tarde sería o famoso cantante e músico [[Pete Seeger]].
 
Desde 1933, Crawford-Seeger abandonou practicamente a composición, coa soa excepción de ''Rissolty Rossolty'', unha autodenominada "fantasía americana para orquestra", baseada en melodías populares e composta para un programa educativo da [[radio (medio de comunicación)|radio]] [[CBS]]. Con todo, na [[Década de 1950|década do cincuenta]] pareceu recobrar o interese por compor de novo de acordo coa súa formación vangardista, completando en 1952 unha ''Suite para quinteto de vento''; mais o [[cancro]] acabou con ela no ano seguinte. En opinión de Alex Ross, que a considera "unha das poucas grandes compositoras da primeira parte do século XX",<ref name="Ross"/>