Federación de Mocedades Galeguistas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
 
Liña 11:
==Estrutura orgánica==
O máximo órgano da FMG era a Asemblea Xeral (denominada Asemblea Nacional nos Estatutos de [[1936]]) que se celebraba cada ano, era a encargada de elaborar o programa da organización e elixir os membros do Consello Nacional, que era o órgano directivo e o responsable de executar os acordos da Asemblea, tamén tiña a competencia para designar o representante da FMG no Consello do Partido Galeguista. A Secretaría Executiva era o órgano de goberno da FMG, compúñase de catro secretarios: Secretario Xeral, Secretario de Organización, Secretario Técnico e Secretario de Propaganda. Nos Estatutos de 1936 o Consello Nacional a Secretaría Executiva vanse unir nun só órgano, o Consello Executivo Nacional conformado polos sete secretarios xerais de cada unha das zonas nas que a FMG dividira [[Galicia]].
[[Ficheiro:Otero Pedrayo rodeado de membros das Mocidades Galeguistas de Bos Aires 1959.jpg|miniatura|300px|[[Ramón Otero Pedrayo]] e os membros das Mocidades Galeguistas de Buenos Aires en 1959.]]
 
==As Mocedades Galeguistas de Buenos Aires==
O [[22 de agosto]] de [[1953]] constituíronse en [[Buenos Aires]] as '''Mocedades Galeguistas''' como "filial xuvenil da [[Irmandade Galega]] de Bos Aires" co obxectivo de retomar o ideario que guiara á Federación de Mocedades Galeguistas en Galicia. Entre os fundadores figuraban [[Xosé Neira Vilas]], [[Vidal Pérez Graña]], [[Carlos Abraira Cela]], [[Antón Santamarina Delgado]], [[Pilar Jeremías Cela]], [[Denís Conles Tizado]], [[Antón Moreda]], [[Roberto Veloso Gómez]] e [[Manuel Cordeiro Monteagudo]]. En [[1954]] editaron o periódico ''[[Adiante (Buenos Aires)|Adiante]]''.