Gaivota patiamarela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5702045 de 90.166.56.91 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 31:
Os exemplares de primeiro ano teñen a cabeza é a zona inferior máis pálidos que os da ''Larus argentatus''. O bico e os ollos son máis escuros, as patas son de cor gris rosada e teñen unha banda negra ben definida na cola. No segundo inverno son semellantes ós adultos, aínda que manteñen algunhas diferenzas no deseño das plumas exteriores das alas.
 
A chamada e unha especie de gargallada máis forte e nasal cá da gaivota arxéntea`.
 
== Clasificación ==
A taxonomía da especie é complexa. O grupo ''Larus'' está distribuído ó redor do hemisferio norte e as diferenzas entre especies adxacentes son moi pequenas. Actualmente acéptase que a gaivota patiamarela é unha especie independente, pero ata non hai moito as discrepancias eran importantes. Algunhas clasificacións considerábana unha subespecie da [[gaivota arxéntea]] (''Larus argentatus''), mentres que outras a separaban desta para incluíla, coa [[gaivota do Caspio]], noutra especie. Estudios recentes sobre o seu [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] amosan que a gaivota do Caspio non pertence ó mesmo grupo cá patiamarela.
 
Hai dúas subespecies:
* ''Larus m. michahellis'' que cría no [[mar Mediterráneo]].
* ''Larus m. atlantis'' das costas atlánticas próximas o Mediterráneo.
Os exemplares que crían en [[Portugal]] e [[Galicia]] son ás veces considerados unha terceira subespecie (''Larus m. lusitanus'').
 
As formas atlánticas teñen as alas e o lombo máis escuros cás mediterráneas.