Deianira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
feito!
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 1:
[[Ficheiro:Hercules&DeianiraGossart.jpg|miniatura|250px|Heracles e Deianira (Jan Gossaert (Mabuse), 1517, Barber Institute of Fine Arts, Birmingham)]]
 
Na [[mitoloxía grega]], '''Deianira''' (en grego antigo, Δηϊάνειρα o Δῃάνειρα: literalmente, «que vence ós heroes») foi a segundaterceira esposa de Heracles, e a que provocou a súa morte, se ben involuntariamente..
 
Era filla de [[Altea (filla de Testio)|Altea]] e [[Eneo]], rei de [[Calidón (cidade)|Calidón]], o que a fai irmá de [[Meleagro (mitoloxía)|Meleagro]]; outras fontes din que era filla do deus [[Dioniso]], que en certa ocasión fora hóspede de Eneo <ref>"''Deianira, á quen din algúns que enxendrou Altea de Dioniso''" (Pseudo-Apolodoro: I, 8, 1).</ref>.
 
== Meleagro ==
Á morte de Meleagro, Altea suicidouse e as irmás choranchoraron desconsoladas, ata que [[Artemisa]] as converteu en [[galiña de Guinea|galiñas de Guinea]], pero, grazas ás súplicas de Dioniso, ela puido volver á súa forma humana, o mesmo que a súa irmá [[Gorxe]] <ref>Véxase Pseudo-Apolodoro I, 8, 3, e Hixino: ''Fábulas'' 174. En nota a rodapé de ''Biblioteca mitológica'', Julia García Moreno engade que se trata das aves denominadas ''Meleagrides'' (px. 67). O xénero [[Meleagris]] inclúe o pavo común; a galiña de Guinea recibe o nome científico de ''Numida meleagris''.</ref>.
 
{{cita|"''Golpean os seus amoratados peitos e acariñan sen cesar o corpo do seu irmán, e bésano e besan o féretro colocado na pira. Feito xa cinsas, recóllennas e apértannas contra o peito, e póstranse e bótanse sobre o túmulo, e abrazando o nome gravado na pedra, derraman bágoas sobre o seu nome. Ó fin, a Latonia''<ref>Artemisa era filla de [[Leto]], que na mitoloxía romana, que é a que descrive Ovidio, se chama Latona.</ref> '', saciada da ruína da casa de Partaón, fainas máis liviás e que crezan plumas nos seus corpos (a excepción de Gorxe e da nora da noble Alcmena''<ref>Heracles era fillo de Alcmena, e polo tanto, Deianira era a nora desta.</ref>)'', e alonga os seus brazos e desprega alas neles, e converte as súas bocas en peteiros, e así cambiadas, bótaas a voar''".|(Ovidio: ''Metamorfosis'' VIII, 536-546)}}
 
== Heracles ==
[[Ficheiro:Hercules fight adragon in the centre, Achelous carrying off Deianeira upper left MET DP812784.jpg|miniatura|300px|esquerda|Heracles loitaEn con Aquelooo (primeiro plano)., AquelooHeracles levándoseloita acon DeianitaAquelooo; (no fondo á esquerda), Aqueloo levándose a Deianita(1531-1576, Museo Metropolitano de Arte, Nova York)]]
 
Heracles, no cumprimento do seu undécimo [[os doce traballos de Heracles|traballo]] que lle encomendara [[Euristeo]] para expiar o asasinato dos seus fillos, debeutivo que descender ó [[Hades]] para capturar ó [[Cérbero|can Cérbero]]. No camiño nos Infernos atopouse con Meleagro, quen lle pideu que casara coa irmá, pois ó morrer el non tiña quen coidara dela <ref>Outra versión di que Heracles, conmovido pola tristeza de Meleagro, preguntoulle se tiña algunha irmá e, cando soubo que Deianira vivía, ofreceuse a casar con ela.</ref>. Deste xeito, cando rematou o traballo e regresou á terra, foi ata Calidón a cumprir a súa promesa.
 
Deianira era unha muller guerreira, que practicaba a arte da guerra e sabía conducir un carro. Chegado a Calidón, Heracles pediulle a Eneo a man de Deianira, pero este contestoulle que se vira obrigado a darlla ó deus do río [[Aqueloo (mitoloxía)|Aqueloo]], que acababa de pedirlla en matrimonio. Heracles tivo que enfrontarse con Aqueloo e derrotalo, tras sucesivas transformacións deste en arroiada de auga, serpe e touro, conseguindo así o dereito a casar con Deianira.
Liña 19:
{{cita|"''Cando Heracles arribou a Calidón, pretendeu á filla de Eneo, Deianira, e loitando pola súa man con Aqueloo, que tomara a aparencia dun touro, rompeulle un dos cornos. Desposou a Deianira e Aqueloo recuperou o seu corno a cambio do de Amaltea''".|(Pseudo-Apolodoro: ''Biblioteca mitológica'' II, 7, 5)}}
 
O períodotempo do matrimonio en Calidón represéntase en cerámicas do século V a.C., pero será [[Jan Gossaert]] (''Mabuse'') quen mellor saiba representalos como ideal da parella feliz Deianira e Heracles tiveron varios fillos <ref>Catro ou cinco, segundo as fontes.</ref>: [[Hilo (fillo de Heracles)|Hilo]], [[Ctesipo]], [[Gleno]] e [[Hodites]]. A lenda só recolle a descendencia de Hilo.
 
== Neso ==
[[Ficheiro:Gustave Moreau - Dejanira (Autumn) - 84.PB.682 - J. Paul Getty Museum.jpg|miniatura|250px|esquerda|O centauro Neso cando intentaintentou raptar a Deianira (Gustave Moreau, 1872-1873, Museo Paul Getty, Los Ángeles)]]
 
Accidentalmente, Heracles provocou a morte de [[Éunomo]], fillo dun parente de Eneo, e aínda que o pai da vítima, [[Arquítele]], o perdonou, Heracles decidiu exiliarse coa súa dona a [[Traquis]], onde [[Ceix]] era parente e amigo seu. Cando ían cruzar o río [[Eveno]], tivo que pedirlle ó [[centauro]] [[Neso]] que levara a Deianira nas costas, mentres el cruzaba o río a nado. Pero no medio do río, Neso resolveu, por vinganza <ref>Nun traballo anterior, cando Heracles debía capturar o [[Xabaril de Erimanto]], os centauros atacáronlle e Heracles derrotounos, matando un bo número deles. Neso conseguiu fuxir, refuxiándose no río Eveno.</ref>, raptar e violar a Deianira, e botouse a galopar río arriba. O heroe, tendo percibido as súas intencións, agardou a que alcanzase terra firme, e entón atravesoulle o corazón cunha das súas frechas envelenadas. O centauro Neso caeu ferido de morte, pero antes de morrer deu a Deianira a súa túnica convencéndoa de que o sangue que a manchaba sería, para ela, un precioso filtro amoroso, coa virtude de restituírlle o esposo, se este, en calquera momento, decidise abandonala. Outras fontes din que lle deu unha beberaxe contindo o sangue que brotaba das súas feridas. En calquera caso, ese sangue contiña o veleno mortal procedente da [[Hidra de Lerna]], na que Heracles impregnara a punta das súas frechas.
 
{{cita|[Neso] "''mentres a levaba ó outro lado, intentou forzala. Heracles, ó escoitala gritar, feriu cunha frecha no corazón a Neso, que xa saíra do río. Cando estaba a piques de morrer, chamou a Deianira e díxolle que, se desexaba obter un filtro amoroso para Heracles, mesturara o seme que derramara na terra co sangue que manaba da ferida causada pola frecha. E ela así o fixo e gardouno''".|(Pseudo-Apolodoro II, 7, 6)}}
 
== Iole ==
En efecto, Heracles terminou namorándose de [[Iole]], filla de [[Éurito (rei de Ecalia)|Éurito]], o rei de [[Ecalia]]. Este ofrecera a man da filla ó vencedor dun concurso de tiro con arco, e Heracles non dubidou en acudir. Heracles resultou vencedor pero Éurito negouse a permitir á súa filla casar con el <ref>Temeroso de que fose matar ós fillos que tiveran ambos, tal como fixera anteriormente cos fillos habidos con [[Mégara (esposa de Heracles)|Mégara]]. Cómpre sinalar que foi o mesmo Éurito quen ensonouensinou a Heracles, cando mozo, a disparar o arco (Pseudo-Apolodoro: II, 4, 9).</ref>. Ante a negativa, Heracles tomou a Iole como amante, á forza. Hixino relata que Heracles tomou a cidade e matou ós pais de Iole, na súa presenza, para doblegala, tralo cal enviuona a Deianira como escrava.
 
Heracles mandou ó seu compañeiro [[Licas]] onda Deianira para que lle trouxera unha capa nova para casar con Iole. Deianira, co fin de recuperalo, envioulle a túnica previamente rociada co sangue de Neso, e cando Heracles ase puxovestiu con ela envelenouse e, non podendo aguantar as dores, lanzouse a unha pira funeraria e morreu. Cando Deianira comprendeu o engano do centauro, enforcouse.
 
Antes de morrer, Heracles pediu ó seu fillo Hilo que casara con Iole cando fose adulto.
 
[[Sófocles]] recolleu detalladamente a parella formada por Heracles e Iole (''Traquinias''), pero na arte gráfica non aparece, salvo en posibles escenas amorosas difíciles de identificar. Na [[Idade Moderna]] sí que recollen este momento artistas como [[Tintoretto]] ou [[Anibale Carracci]], pero ben poden reflictir unha confusión entre Iole e [[Ónfale]], fundada nos textos de [[Ovidio]], que non distinguen ámbolos personaxes.
Liña 42:
 
== Dexámeno ==
Existe unha tradición que fai a Deianira filla de [[Dexámeno]], rei de [[Óleno]]. Conta que este prometeullelle prometera a filla a Heracles, pero este marchou a unha das súas aventuras. Cando volveu atopouse con que o centauro [[Euritión (centauro de Óleno)|Euritón]] obrigara a Dexámeno a concederlle a man de Deianira. Dexámeno pediulle axuda e Heracles matou a Euritión e á súa familia cando ía buscar á noiva o día acordado.
 
{{cita|"''Hércules chegou á corte do rei Dexámeno, como hóspede, desvirgou á súa filla Deianira e deu ó pai palabra de que a desposaría. Trala súa marcha, o centauro Euritión, fillo de Ixión e de Nube, reclamou a Deianira como esposa. O pai, temeroso do seu carácter violento, prometeu que a entregaría. Ó chegar o día acordado, presentouse cos seus irmáns para a voda. Pero Hércules acudiu, matou ó centauro e levouse á noiva''".|(Hixino: ''Fábulas'' 33)}}