Operación Barbarossa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 351:
==== Violencia sexual ====
A violación foi un fenómeno xeneralizado no leste, xa que os soldados alemáns cometían regularmente actos de violencia sexual contra mulleres soviéticas.<ref>Mühlhäuser 2010, p. 74</ref> Unidades enteiras estiveron ocasionalmente involucradas no crime e máis dun terzo dos casos foron violacións grupais.<ref>Shepherd 2016, p. 285</ref> O historiador Hannes Heer relata que no mundo da fronte leste, onde os exército alemán equiparaba a Rusia co comunismo, todo era "xogo limpo"; así, a violación non se denunciaba a menos que unidades enteiras estivesen implicadas.<ref>Heer 2000, p. 110</ref> Frecuentemente no caso de mulleres xudeas, estas eran inmediatamente asasinadas tras actos de violencia sexual.<ref>Mühlhäuser 2010, p. 134</ref> A historiadora Birgit Beck enfatiza que os decretos militares, que serviron para autorizar a brutalidade total a moitos niveis, esencialmente destruíron a base para calquera enxuizamento de delitos sexuais cometidos polos soldados alemáns no leste.<ref>Beck 2004, p. 327</ref> Tamén sostén que a detección deses casos estaba limitada polo feito de que a violencia sexual cometíase habitualmente no contexto de aloxamentos dos soldados en vivendas civís.<ref>Beck 2004, p. 328</ref>
 
=== Significado histórico ===
A Operaciónn Barbarossa foi a operación militar máis grande da historia, despregándose máis, homes, carros de combate, canóns e avións que en calquera outra ofensiva.<ref>Overy 1996, p. 68</ref> A invasión abriu a fronte oriental, o teatro máis grande da segunda guerra mundial, que viu enfrontamentos dunha violencia e destrución sen precedentes durante catro anos e matou a 26 millóns de soviéticos, incluídos 8,6 millóns de soldados do Exércto Vermello.<ref>Moskoff 2002, p. 236</ref> Morreon máis persoas loitando na fronte oriental que en todos os demaios combates do planeta durante a guerra.<ref>Weinberg 2005, p. 243</ref> O dano tanto económico como á pasisaxe foi enorme, xa que unhas 1 710 cidades e 70 000 aldeas foron arrasadas.<ref>Hartmann 2013, pp. 154-155</ref>
 
== Notas ==