Operación Barbarossa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 294:
 
=== Ofensiva cara Rusia central ===
A mediados de xullo as forzas alemás avanzaran poucos quilómetros de Kiev por debaixo das marismas de Pripyat. O 1º Grupo Panzer entón dirixíuse cara o sur, mentres o 17º Exército atacou ao leste e atrapou a tres exércitos soviéticos preto de Uman.<ref>Thomas 2012, p. 13</ref> Cando os alemáns eliminaron a bolsa os carros de combate xiraron cara o norte e cruzaron o [[Río Dniepr|Dniepr]]. Mentres tanto, o 2º Grupo Panzer, desviado do Grupo de Exércitos Centro, cruzou o río Desna co 2º Exército no seu flanco dereito. Os dous exércitos panzer atraparon entón a catro exércitos soviéticos e a parte de dous máis.<ref name=":47">Thomas 2012, pp. 12-14</ref>
 
En agosto, como a capacidade de servizo e a cantidade de inventario da Luftwaffe disminuíran constantemente debido aos combates, a demanda de apoio aéreo aumentou cando a [[Forza Aérea Soviética]] (VVS) se recuperaba. A Luftwaffe atopouse loitando por manter a superioridade aérea local.<ref>Hardesty 2012, p. 84</ref> Coa chegada do mal tempo en outubro, a Luftwaffe víuse en varias ocasións forzada a suspender case todas as operacións aéreas. A VVS, aínda que se enfrontaba ás mesmas dificultades meteorolóxicas, tiña unha clara vantaxe grazas á experiencia de preguerra con voos a baixas temperaturas, e ao feito de que estaba operando dende bases e aeroportos intactos.<ref>Hardesty 2012, p. 83-85</ref> En decembro a VVS igualara á Luftwaffe e incluso comezara a apertar para conseguir a superioridade aérea sobre o campo de batalla.<ref>Hardesty 2012, p. 103</ref>
Liña 321:
 
== Batalla de Moscova ==
{{AP|Batalla de Moscova}}Despois de Kiev o [[Exército Vermello]] xa non superaba en número aos alemán e non había máis reservas adestradas directamente dispoñibles. Para defender [[Moscova]] Stalin podía despregar 800 000 homes en 83 divisións, pero non máis de 25 delas estaban totalmente operativas. A operación para tomar Moscova comezou o 30 de setembro de 1941.<ref>Stone 2011, p. 215</ref><ref>Stahel 2009, p. 440</ref> En fronte do [[Grupo de Exércitos Centro]] había unha serie de elaboradas liñas de defensa, a primeira delas centrada en [[Vyazma]] e a segunda en [[Mozhaysk]].<ref name=":47" /> Os labregos rusos comezaron a fuxir ante as unidades alemáns que avanzaban, queimando as súas colleitas, afastando o gando e destruíndo edificios nas súas aldeas como parte dunha política de tera queimada deseñada para non deixarlle subministracións e comida á maquinaria de guerra nazi.<ref>Gilbert 1989, pp. 241-242</ref>
{{AP|Batalla de Moscova}}
 
== Notas ==