Antonio Pérez Dávila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎Traxectoria: Ligazón
Liña 11:
Foi reposto na alcaldía compostelá o [[14 de febreiro]] de [[1873]]. Durante o breve tempo que ocupou de novo o posto, o concello viviu un incremento de noticias sobre partidas carlistas no territorio. Ao mesmo tempo, se foi conformando e armando a Milicia de Voluntarios de Santiago, que estivo comandada por [[Manuel Ozores]] (Comandante 1º), [[Marcial Moure]] (Comandante 2º) e [[Pablo González Munín]] (Axudante)<ref>''La Gacetilla de Santiago'', 3-3-1873, p. 2.</ref>, membros todos eles da anterior Xunta de Goberno. Tamén durante este período mantívose a revisión do proceso de escrutinio das eleccións municipais de xaneiro, rematando nunha nova convocatoria electoral municipal para os días [[16 de abril|16]] ao [[19 de abril]], na que a composición das 11 concellerías vacantes foi ben distinta á de xaneiro. Os novos 11 concelleiros (case todos pertencentes ao [[Partido Republicano Democrático Federal]]), tomaron posesión o [[14 de maio]] e deron a alcaldía a [[José Sánchez Villamarín|Sánchez-Villamarín]] o día [[19 de maio|19]], permanecendo desde entón Pérez Dávila como simple concelleiro ata o [[11 de xaneiro]] de 1874, data na que foi deposto xunto ao resto do Consistorio.
 
O [[31 de marzo]] de [[1877]], no [[Liceo de la Juventud|Liceo de Santo Agostiño]], foi elixido membro da primeira xunta directiva da acabada de crear [[Liga de Contribuíntes de Santiago]], baixo a presidencia do [[Manuel Calderón-de la Barca Herce|Marqués de Algara de Gres]]<ref>''[[El Diario de Santiago]]'', 6-4-1877.</ref>, e que aglutinaba boa parte da burguesía compostelá máis podente. Nestes anos finais da década dos 70, participaba da vida social compostelá, acudindo ao Casino de Santiago a miúdo, onde adoitaba a cantar para os socios cunha voz de barítono, e vivía das rendas das súas propiedades.
 
Trasladouse á Coruña en torno a [[1880]]<ref>''[[Gaceta de Galicia]]'', 15-12-1881, p. 3.</ref>. Cabe salientar que, nunha propiedade que arrendou a Luciano Puga Blanco<ref>''Gaceta de Galicia'', 22-5-1885, p. 1.</ref>, na chamada Orta do Xeneral ou Orta Grande, situada no actual barrio coruñés de Monelos, ao carón da estrada a Santiago e da estación de ferrocarril, deu pulo Pérez Dávila en torno a [[1883]] a un xeito de granxa experimental<ref>''[[Escenas Contemporáneas]]'', 15-6-1884, pp. 425-428.</ref>, que foi o xermolo da "[[Granxa Agrícola Experimental de Monelos]]" (que desenvolveu a súa actividade entre [[1888]] e [[1964]])<ref>[http://histagra.usc.es/web/uploads/publications/file/4fdb16917713d-binder1.pdf "A Granxa Agrícola Experimental de Galicia (1888-1964)"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20160304221903/http://histagra.usc.es/web/uploads/publications/file/4fdb16917713d-binder1.pdf |date=04 de marzo de 2016 }}, folleto editado polo Concello da Coruña e a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, correspondente á exposición homónima comisariada por Lorenzo Fernández Prieto e Xosé A. Fraga Vázquez.</ref>. Estes traballos agrícolas valéronlle a concesión en [[1884]] da consideración de "socio de mérito" pola [[Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago]]<ref>''[[Revista de la Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago]]'', nº 31, 31-8-1884, p. 6.</ref>. Tamén aproveitounos para abrir unha sucursal do ilerdense "Gran Establecimiento de Arboricultura y Floricultura", no número 24 do [[Cantón Grande]] da Coruña, no que comerciaba coas especies vexetais que cultivaba<ref>''Gaceta de Galicia'', 12-1-1885, p. 4, nun anuncio.</ref>, e pouco despois outra sucursal no número 81 da Rúa do Vilar en Santiago de Compostela<ref>''Gaceta de Galicia'', 19-12-1885, p. 3, nun anuncio.</ref>.