Hipólita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 5:
 
[[Heracles]], para ser purificado tralo asasinato dos seus fillos, acto cometido ó volverse louco por culpa de [[Hera]], inimiga de Heracles por celos <ref>Heracles era fillo de Zeus, e Hera, a esposa do mesmo deus, perseguía ás súas amantes e ós fillos bastardos que tivera.</ref>, tivo que acometer [[os doce traballos de Heracles|doce traballos]] que lle encomendara o seu primo [[Euristeo]]. O noveno destes traballos foi traer para [[Admete]], filla de Euristeo, o cinto máxico que usaba a raíña das Amazonas, regalo do seu pai Ares como símbolo do poder que tiña sobre o pobo das Amazonas.
 
Para realizar este traballo, Heracles organizou unha expedición con varios voluntarios, que embarcaron nunha soa nave. Tras diversas aventuras aportaron no país das Amazonas, onde Hipólita saíu ó seu encontro. Heracles explicoulle o motivo da súa viaxe e Hipólita accedeu de grado a entregarlle o cinto. Pero, [[Hera]], nun novo intento de facer fracasar a Heracles nos seus traballos, disfrazouse como unha das amazonas e propagou o conto de que a raíña fora secuestrada polos forasteiros. Como era de esperar, as Amazonas atacaron o barco para rescatar á súa raíña, ataque que Heracles interpretou como unha traizón de Hipólita e a matou, repelendo logo con éxito o ataque.
 
 
 
== Notas ==