Pegaso: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
corrixo |
||
Liña 1:
[[Ficheiro:NAMA Epinetron Bellérophon.jpg|miniatura|250px|Belerofonte e a Quimera (425
Na [[mitoloxía grega]] '''Pegaso''' (en [[lingua grega|grego]] Πήγασος) era un [[cabalo]] alado.
Pegaso naceu do sangue derramado por [[Medusa (mitoloxía)|Medusa]] (fillo, por tanto, de Medusa e [[Poseidón]]) cando [[Perseo]] lle cortou a cabeza. Outra posibilidade era que nacera da terra, fecundada polo sangue de Medusa. A tradición di que naceu nas fontes do Océano, alá no extremo Oeste <ref>Hesíodo: ''Teogonía'' 280-289.</ref>. Cando naceu, Pegaso levou o raio a [[Zeus]] e púxose ó seu servizo.
Era totalmente branco e tiña dúas ás que lle
Á morte de Pegaso, foi convertido na constelación de [[Pegasus]].
É un dos [[equino]]s máis soados da literatura xunto con [[Rocinante]] (o cabalo de [[Don Quijote de la Mancha]]), [[Babieca]] (o de [[Rodrigo Díaz de Vivar|El Cid]]), [[Bucéfalo]] (o de [[Alexandre Magno]]) e o [[cabalo de Troia]], entre outros.
==Belerofonte==
[[Belerofonte]] encarna o defecto da excesiva ambición. A lenda conta que a propia [[Atenea]] levou a Pegaso ante el, ou que fora Poseidón quen llelo dera ou, incluso, que Belerofonte o capturou cando estaba bebendo na fonte de Pirene. Cando por fin consegue montar a Pegaso, non contento con isto, obrígao a levalo ao [[Monte Olimpo, Grecia|Olimpo]] para converterse nun deus, pero Zeus, molesto pola súa ousadía, envía a un insignificante mosquito que pica no lombo de Pegaso e precipita ao baleiro a Belerofonte. Este non morre, pero queda eivado e condenado a vagar apartado do resto do mundo toda a súa vida recordando a súa gloria pasada.
Segundo outros mitógrafos, Belerofonte, montado sobre Poseidón, logrou matar a [[Quimera (mitoloxía)|Quimera]] <ref>"''Belerofontes montou sobre Pegaso, cabalo alado que nacera de Medusa e Poseidón, e, elevándose polos aires, desde alí disparou as súas frechas contra a Quimera''" (Pseudo-Apolodoro, II, 3, 2).</ref> e vencer ás [[Amazonas (mitoloxía)|Amazonas]]. Cando morreu Belerofonte, Pegaso regresou ó Olimpo.
|