Minotauro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 31:
 
== Iconografía ==
[[Ficheiro:Antonio Canova-Theseus and the Minotaur-Victoria and Albert Museum.jpg|miniatura|300px250px|esquerda|''Teseo e o Minotauro'', de Antonio Canova (Victoria and Albert Museum, Londres)]]
 
Os amores [[zoofilia|zoofílicos]] de Pasífae no se reflictirán na arte ata a [[Arte contemporánea|Idade contemporánea]], con [[Johann Heinrich Füssli]] ou [[Gustave Moreau|Moreau]].
 
Non é ata o [[Helenismo]] cando se representa a escena de Dédalo construíndo a vaca de madeira ou entregándolla a Pasífae, motivo que se volverá a ver no [[Renacemento]] (por exemplo, no ''[[Campanario|Campanile]]'' de [[Giotto di Bondone|Gioto]], entre outros aristasartistas.
 
A figura do Minotauro queda xa fixada no [[século -VII|século VII a.C.]], con escasas variantes posteriores (como a representación en forma de [[centauro]] con corpo e patas bovinos e torso e cabeza humanos). O momento predominante será o da súa loita e morte a mans de Teseo, por veces con Minos, Ariadna e algúns mozos a modo de espectadores. Teseo pode aparecer armado cunha espada ou cunha maza que arrebatou a Perifetes.
 
A imaxe arquetípica será a de Teseo vitorioso sobre o cadáver de Minotauro: pódese ver claramente na escultura de [[Antonio Canova|Canova]] (1804) <ref>[https://arte.laguia2000.com/escultura/teseo-y-el-minotauro-de-canova Ficha en Arte-La Guía].</ref>. Pero tamén se reflicte arrastrándoo fóra do labirinto, ou marchando mentres deixa atrás o corpo do animal. [[Gustav Klimt]] usará este motivo no cartel para a primeira exposición da ''[[Secesión de Viena|Secesión]]'' vienesa, de 1898, simbolizando o triunfo da arte nova sobre a arte tradicional. E [[Jacques Lipchitz]] fixo o propio nunha escultura para prognosticar en 1942 a vitoria aliada sobre [[Hitler]]
 
Recibe un tratamento diferente co [[Maestro di Tavarnelle]] (ou dos Cassoni Campana) (c. 1515). A obra mostra o mito desenvolvido en distintas escenas sucesivas: Minotauro, con forma de centauro, causando estragos; Minotauro sendo capturado por Minos; Teseo, vestido de cabaleiro medieval, desembarcando e avanzando cara o labirinto, ante cuxa porta agarda Ariadna; Teseo dando morte a Minotauro no centro do labirinto; e finalmente, ó fondo, Teseo regresando vitorioso no seu barco.