Minotauro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 30:
Existe unha versión [[Evémero|evemerista]] que di que Minotauro non era esta criatura monstruosa, senón un soldado de Minos, chamado Tauro, e que os sete mozos atenienses estaban destinados a ser ofrecidos como premio nos xogos fúnebres que se celebraban en memoria de Androxeo. Tauro sería o primeiro vencedor neste xogos e, pola súa crueldade cos outros mozos, Teseo emprendeu esa expedición de castigo. que Minos encontrou en Teseo a ocasión de librarse de Tauro, ademais mantiña relacións sexuais coa raíña Pasífae, e non só facilitou a expedición de Teseo senón que ademais lle deu de grado a man da súa filla Ariadna.
 
== Iconografía ==
Algunhas veces o Minotauro represéntase como un touro con torso humano no canto da cabeza, como unha versión taurina do [[Centauro]].
Os amores [[zoofilia|zoofílicos]] de Pasífae no se reflictirán na arte ata a [[Arte contemporánea|Idade contemporánea]], con [[Johann Heinrich Füssli]] ou [[Gustave Moreau|Moreau]].
O Minotauro tiña o corpo dun home e a cabeza e a cola dun touro.
 
Non é ata o [[Helenismo]] cando se representa a escena de Dédalo construíndo a vaca de madeira ou entregándolla a Pasífae, motivo que se volverá a ver no [[Renacemento]] (por exemplo, no ''[[Campanario|Campanile]]'' de [[Giotto di Bondone|Gioto]], entre outros aristas.
 
A figura do Minotauro queda xa fixada no [[século -VII|século VII a.C.]], con escasas variantes posteriores (como a representación en forma de [[centauro]] con corpo e patas bovinos e torso e cabeza humanos). O momento predominante será o da súa loita e morte a mans de Teseo, por veces con Minos, Ariadna e algúns mozos a modo de espectadores. Teseo pode aparecer armado cunha espada ou cunha maza que arrebatou a Perifetes.
 
A imaxe arquetípica será a de Teseo vitorioso sobre o cadáver de Minotauro: pódese ver claramente na escultura de [[Antonio Canova|Canova]] (1804) <ref>[https://arte.laguia2000.com/escultura/teseo-y-el-minotauro-de-canova Ficha en Arte-La Guía].</ref>. Pero tamén se reflicte arrastrándoo fóra do labirinto, ou marchando mentres deixa atrás o corpo do animal. [[Gustav Klimt]] usará este motivo no cartel para a primeira exposición da ''[[Secesión]]'' vienesa, de 1898, simbolizando o triunfo da arte nova sobre a arte tradicional. E [[Jacques Lipchitz]] fixo o propio nunha escultura para prognosticar en 1942 a vitoria aliada sobre [[Hitler]]
 
 
== Notas ==