Minotauro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 10:
Minos, xunto ós seus irmáns, [[Radamantis]] e [[Sarpedón]], era fillo de [[Zeus]] e [[Europa (mitoloxía)|Europa]]. O home de Europa, Asterión, aceptounos e criounos como fillos propios, nomeando herdeiros ós tres.
 
Cando morreu Asterión, Minos quixo todo o poder para si e expulsou ós seus irmáns, aducindo que foran os [[deuses olímpicos|deuses]] os que lle concedían o reino. E para demostralo, pediu a [[Poseidón]] que fixera saír do mar un [[vaca|touro]], prometendo que o sacrificaría no seu honor. Efectivamente, Poseidón enviou un touro espléndido, tanto que Minos decidiu conservalo como semental nos seus rabaños e sacrificar outro no seu lugar. Pero Poseidón, ó verse enganado, vingouse, e fixo que o touro enfurecese e que a muller de Minos, [[Pasífae]], enlouquecera despertándose un amor apaixonado polo animal <ref>Para Hixino, o problema veu de que Pasífae non celebraba ofrendas a Afrodita, e a deusa castigouna provocando nela esta paixón abominable (''Fábulas'', 40).</ref>. Este foi o [[Touro de Creta]] que, posteriormente, tivo que matar [[Heracles]] nun dos seus [[os doce traballos de Heracles|doce traballos]].
 
Pasífae foi ata Dédalo para que buscara a maneira de satisfacer as súas paixóns. Dédalo construíu unha vaca oca de madeira e cubriuna cunha pel de vaca para que Pasífae puidese introducirse dentro e que o touro puidese montar nela. E o resultado desa unión foi o Minotauro.
Liña 18:
Minos estaba avergoñado de semellante criatura, pero ademais era unha criatura salvaxe, polo que Minos consultou co [[Oráculo de Delfos]] e mandou a Dédalo construír un labirinto xigante para contelo de xeito seguro para todos <ref>E. Pottier suxire que este labirinto foi unha copia, en pequeno, do xigantesco labirinto que mandara construír o faraón Amenehat III como palacio e como a súa futura tumba (Benavente e Ferro: ''O libro da vaca'', 1399). Tamén se ten relacionada o mito cos inmensos -e enmarañados- palacios descubertos en [[Cnosos]] e outras cidades.</ref>.
 
Porén ocorreu que [[Androxeo]], fillo de Minos, foi morto polos [[Atenas|atenienses]], que envexaban as vitorias que el conseguía no [[Festivais Panatenaicos|festival panatenaico]]. Para vingar a morte do seu fillo, Minos declarou a guerra contra Atenas. Lanzou tal maldición contra a cidade que caeu sobre unha terrible peste, o que obrigou ós atenienses a rendirse sen condicións. Minos esixiulles entón o envío dun tributo anual formado por sete mozos de ámbolos sexos <ref>Ou ben sete mozos e sete mozas (Pseudo-Apolodoro III, 15, 8). Tamén a periodicidade é variable segundo as fontes: cada ano, cada tres ou cada nove anos.</ref>.
 
{{cita|"''Cando Minos... loitou contra os atenienses, o seu fillo Androxeo resultou morto na batalla. Despois de ser vencidos, os atenienses comezaron a ser tributarios de Minos, pero tamén determinou que cada ano enviaran a sete dos seus fillos como pasto do Minotauro''".|(Hixino: ''Fábulas'' 41)}}
Liña 24:
[[Ficheiro:Minotaur.jpg|miniatura|dereita|Teseo no momento de dar morte ó Minotauro]]
 
O terceiro ano, cando se ía celebrar o sorteo para escoller as vítimas, [[Teseo]] apuntouse voluntario coa intención de matar o monstro <ref>A tradición máis estendida di que a selección se facia por sorteo, pero algunhas fontes din que era o propio Minos quen escollía as vítimas.</ref>. Ó chegar ó palacio de Minos, en Creta, [[Ariadna (mitoloxía)|Ariadna]], filla de Minos e Pasífae, apaixonouse por el e axudouno (a cambio de casar con ela), entregándolle un nobelo de fío para que o fose soltando segundo entraba e poder, logo, saír do labirinto <ref>Outras versións din que o que lle deu Ariadna era unha coroa luminosa que o guiría nas tebras do labirinto.</ref>. Teseo matou o Minotauro (cunha espada máxica que Ariadna lle dera ou, simplemente, a puñadas). No regreso a Atenas, Teseo abandonou a Ariadna na illa de Día (hoxe, [[Naxos]]).
 
Minos, irado porque Teseo conseguira escapar, encerrou a Dédalo e o seu fillo [[Ícaro]] no labirinto, aínda que logo conseguiron escapar construíndo alas para si mesmos. Porén Ícaro, na súa inconsciencia, aproximouse demasiado ó sol, que derretiu a cera coa que estaban pegadas as alas. Caeu e morreu. Outros din que Teseo, tras matar ó Minotauro, levou a duranteDédalo a fugaAtenas.
 
Existe unha versión [[Evémero|evemerista]] que di que Minotauro non era esta criatura monstruosa, senón un soldado de Minos, chamado Tauro, e que os sete mozos atenienses estaban destinados a ser ofrecidos como premio nos xogos fúnebres que se celebraban en memoria de Androxeo. Tauro sería o primeiro vencedor neste xogos e, pola súa crueldade cos outros mozos, Teseo emprendeu esa expedición de castigo. que Minos encontrou en Teseo a ocasión de librarse de Tauro, ademais mantiña relacións sexuais coa raíña Pasífae, e non só facilitou a expedición de Teseo senón que ademais lle deu de grado a man da súa filla Ariadna.
 
Algunhas veces o Minotauro represéntase como un touro con torso humano no canto da cabeza, como unha versión taurina do [[Centauro]].