Mariña de Lugo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiqueta: Revertida
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5673369 de 83.138.194.230 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
 
Liña 8:
En sentido oeste-leste, o territorio da Mariña combina zonas montañosas como os [[montes de Buio]], os [[montes dos Cabaleiros]], o [[monte da Frouxeira]], a [[serra da Toxiza]] e o [[Serra do Mondigo|Mondigo]], con depresións fluviais como a do [[Río Landro|río Landrove]], o val do [[Río Ouro|Ouro]], o do [[Río Masma|Masma]], ou o val de Lourenzá.
 
A súa franxa costeira, maioritariamente chaira e pouco recortada —en comparación con outras costas galegas como o [[Golfo Ártabro]] ou as [[Rías Baixas]]—, ten o seu límite oriental na [[ría de Ribadeo]], que fai de fronteira con [[Asturias]], e o límite occidental na [[ría do Barqueiro]]. Isto fai coincidir a Mariña practicamente co litoral [[Mar Cantábrico|cantábrico]] galego, agásaga que se teña en conta que alén do [[Estuario|esteiro]] do [[Río Sor|Sor]] —e sen chegar aínda a [[Estaca de Bares]], onde se xuntan o Cantábrico e o Atlántico—, a beira occidental da ría do Barqueiro pertence ao concello [[Provincia da Coruña|coruñés]] de [[Mañón]].
 
O límite sur póñeno accidentes xeográficos como a [[Serra do Xistral]] (que discorre polos concellos mariñaos de [[Ourol]], [[O Valadouro]] e o chairego de [[Muras]]) ou a [[serra de Lourenzá]] e mailos [[montes de Carracedo]], entre [[Mondoñedo]], [[A Pastoriza]] e [[Riotorto]].