Igrexa de Santa Mariña Dozo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 21:
Na [[sancristía]], no [[lado da epístola]] da capela maior, existen tamén restos de pinturas murais e houbo un [[Calvario (cristianismo)|Calvario]] nunha fornela que se coñece porque foi descrito por López Ferreiro. Esta sancristía, o mesmo cás cinco capelas laterais, foron construídas con posterioridade ó corpo principal da igrexa, encaixándoas entre os contrafortes. As dúas primeiras, unha a cada lado contando desde o pé da igrexa, so teñen uns 2 metros de profundidade e fan pensar nun uso soamente funerario; nunha delas exponse unha imaxe típica dos [[peto de ánimas|petos de ánimas]] e dúas tampas de sartegos xa inexistentes. As capelas poden datarse no segundo terzo do século XVI e existe documentación de 1549 que avala a existencia de, canto menos, unha capela, a de Alonso Fariña, veciño de Pontevedra, para a que se encarga nesa data a construción dun retablo. Unha última capela foi construída cara 1600.
 
A capela da [[Encarnación]], no lado Norte, é a que aparece datada en 1590, se ben contén pezas decorativas anteriores. Chámase así porque o arco de acceso está decorado por relevos que representan este momento e que lembran a mesma imaxe nos [[baldaquino]]s galegos. Na clave do arco, unha imaxe de Deus en maxestade, bendicindo ós fieis. Pepe

Fronte a esta capela hai outra na que destacan as figuras de Cristo e os doce apóstolos ó longo do arco de acceso.
 
Na fachada existía un rosetón, desaparecido a principios do [[século XX]]: López Ferreiro descríbeo en [[1897]] pero [[Álvaro de la Iglesia]] menciona que os restos estaban ciscados polo chan da igrexa. Consérvase tamén unha das torres da fachada, semiderruída.