Pepe Miñones: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
→‎Traxectoria: Gramática
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Fillo de [[Manuel Miñones Barros]]. Estudou [[Dereito]] na Universidade de Madrid e rematou a carreira na [[USC]]. Creou o Partido Socialista Agrario en Corcubión. Loitou polo [[ferrocarril]], a redención de foros, o [[agrarismo]] e a educación. Fundou en Corcubión a revista ''[[Nerio (revista)|Nerio]]'' (1920), na Coruña o semanario ''[[Región Gallega]]'' (1924) e ''[[Finis Terre]]'', e foi propietario do xornal ''[[La Provincia (Úbeda)|La Provincia]]'' de [[Úbeda]] (1928)<ref>[http://www.vbeda.com/provi/ Diario La Provincia de Úbeda]</ref>. Foi promotor e principal accionista da Electra Popular Coruñesa e de Hidroeléctrica La Loma. Militante do [[Partido Republicano Radical]], foi elixido [[deputado]] pola [[provincia da Coruña]] nas [[Eleccións a Cortes de 1933 en Galicia|eleccións xerais de 1933]]. Seguidor de [[Diego Martínez Barrio|Martínez Barrio]], pasou con el ao [[Partido Radical Demócrata]] e despois a [[Unión Republicana (España 1934)|Unión Republicana]]. Volveu ser elixido deputado nas [[Eleccións a Cortes de 1936 en Galicia|eleccións xerais de 1936]] nas candidaturas doda [[Fronte Popular (España)|Fronte Popular]], pola mesma circunscrición.
 
[[Ficheiro:José Miñones Bernárdez 1934.jpg|miniatura|175px|José Miñones Bernárdez, retrato en ''[[Vida Gallega]]'', 1934.]]