Chanfaina galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Xoio (conversa | contribucións)
1ª edición con info. das referencias.
Liña 1:
{{en uso}}
{{lixo|1=A presente páxina é un plaxio de https://colineta.com/Cunqueiriana/2011/07/11/chanfainas/ e máis https://www.gciencia.com/gastro/a-chanfaina-de-san-sadurnino-de-embutido-labrego-a-delicatessen-da-ferrolterra/ }}
[[Ficheiro:Navas del Madroño Plato de chanfaina.jpg|miniatura|250px|Prato de chanfaina estremeña.]]
[[Ficheiro:Tostada de Chanfaina.jpg|miniatura|250px|Chanfaina mexicana.]]
Liña 26:
=== En ''Merlín e familia'' ===
{{cita|Non era cousa de dous nin de tres días, e nos que pasou don Felices con nós, tomando sempre de parva papas de arrandas e chanfaina asada, fíxenme seu amigo. Este don Felices de tan boa boca e costumes, eran un antigo cantor da igrexa de Santiago, metido a adiviñar o futuro por medio das cartas ou da fariña. A súa visita a Miranda obedecía á necesidade que tiña de amañar un reloxo de area que se estragara na feira de Viana do Bolo. Durante a súa estancia na casa de Merlín, ademais de comer papas e chanfaina, don Felices botoulle as cartas a Felipe de Amancia, criado de Merlín e narrador das historias que compoñen a novela.|[[Álvaro Cunqueiro]], ''[[Merlín e familia]].}}
 
== Unhas chanfainas para ''ver'' ==
A chanfaina deu nome a un proxecto impulsado polo concello de San Sadurniño. Durante a fin de semana do 6 ao 7 de [[setembro]] do [[2014]] reuníronse nesta localidade rural da [[comarca de Ferrol]] dúas ducias de creadores [[audiovisual|audiovisuais]] para crearen o "ChanfainaLab". O obxectivo desta novidosa experiencia de creación audiovisual colectiva era poñer en valor o territorio do concello a través dos ollos destes realizadores e realizadoras gde Galicia. Cada un dos paricipantes gravaou unha [[curta|curtametraxe]], cunha duración de entre tres e cinco minutos, con absoluta liberdade sobre o tema e tratamento visual. En conxunto, as imaxes recollidas serviron para construír unha ollada contemporánea sobre a paisaxe rural, a emigración, o devalar do tempo, e para revelar as diferenzas paisaxísticas e sociolóxicas entre as sete parroquias que compoñen o concello. Na iniciativa participaron algúns dos máis importantes creadores do chamado ''Novo cinema galego'', de xeito de que se converteu tamén nun punto de encontro, coñecemento e debate entre os integrantes dunha xeración emerxente.<ref name=PG/><ref name=N>{{Cita novas |nome= C|apelidos= V.|título= Chanfaina.Lab converte San Sadurniño no centro do cinema alternativo galego |url= https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/chanfaina-lab-converte-san-sadurnino-na-capital-do-cinema-alternativo-galego/20140904182250030321.html|xornal= Nós Diario|data=4 de decembro de 2014 |dataacceso=26 de decembro de 2020}}</ref>
 
Este encontro de cineastas tivo unha especial relevancia en diversos [[medio de comunicación|medios]] estatais (''[[El País]]'', ''[[ABC (xornal)|ABC]]''), galegos (''[[Diario de Ferrol]]'', ''[[La Voz de Galicia]]'', ''[[Sermos Galiza]]'', ''[[El Correo Gallego]]'', '' Noticieiro galego.com'', [[Radio Galega]]), e locais (''Ferrol 360º'', ''Concello de San Sadurniño''), así como nas plataformas do sector audiovisual galego: [[AGAPI]], [[Asociación de Directores e Realizadores de Galicia|CREA]], [[Consello da Cultura Galega]], [[Academia Galega do Audiovisual]] ou o MPXA. Asemade varios blogs e redes sociais fixéronse eco do evento como "Ollaparo", "Infogauda", "Llave en mano", etc. O ChanfainaLab retornou a comezos do [[2015]] coa estrea dos filmes gravados en setembro.<ref>[http://www.falamedesansadurnino.org/imaxe/chanfainalab/ Fálame de San Sadurniño] {{gl}}.</ref>
 
O proxecto foi ideado e coordinado por [[Manuel González Álvarez]], que destacou a boa resposta dos creadores (23), que aceptaron de forma practicamente unánime o convite para participaren no experimento; de entre os seleccionados tan só faltarons algúns autores como [[Óliver Laxe]] ou [[Lois Patiño]], que estaban traballando fóra do país. Estas novas ''chanfainas'', produtos revoltos de cousas diversas, e composto con pezas modestas, pódense ''probar'', fóra dos circuítos comerciais, na web [http://www.falamedesansadurnino.org/ ''Fálame de San Sadurniño''].<ref name=PG/><ref name=N/>
 
== Notas ==