Pegaso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 8:
[[Belerofonte]] encarna o defecto da excesiva ambición. A lenda conta que a propia [[Atenea]] levou a Pegaso ante el, ou que fora Poseidón quen llelo dera ou, incluso, que Belerofonte o capturou cando estaba bebendo na fonte de Pirene. Cando por fin consegue montar a Pegaso, non contento con isto obrígao a levalo ao [[Monte Olimpo, Grecia|Olimpo]] para converterse nun deus, pero Zeus, molesto pola súa ousadía, envía a un insignificante mosquito que pica no lombo de Pegaso e precipita ao baleiro a Belerofonte. Este non morre, pero queda eivado e condenado a vagar apartado do resto do mundo toda a súa vida recordando a súa gloria pasada.
 
Segundo outros mitógrafos, Belerofonte, montado sobre Poseidón, logrou matar a [[Quimera (mitoloxía)|Quimera]] e vencer ás [[Amazonas (mitoloxía)|Amazonas]]. Cando morreu Belerofonte, Pegaso regresou ó Olimpo.
 
Nun momento determinado, as [[Piérides]] retan ás [[Musas]] a unha competición de canto no [[monte Helicón]]. Foron vencidas e as Musas transformáronnas en distintas aves. Pero o Helicón, enchido de orgullo foi inchando, inchando, ata ameazar con chegar ó Olimpo. Poseidón detivo o problema ordenando a Pegaso que golpeara a montaña. Pegaso así o fixo e Helicón obedeceu, e no lugar onde Pegaso deu o couce naceu a fonte [[Hipocrene]].
 
Á morte de Pegaso, foi convertido na constelación de [[Pegasus]].
 
É un dos [[equino]]s máis soados da literatura xunto con [[Rocinante]] (o cabalo de [[Don Quijote de la Mancha]]), [[Babieca]] (o de [[Rodrigo Díaz de Vivar|El Cid]]), [[Bucéfalo]] (o de [[Alexandre Magno]]) e o [[cabalo de Troia]], entre outros. Unha característica do seu voo é que cando o realiza, move as patas coma se en realidade estivese correndo polo aire.