Marmelada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Engade 1 libro para verificar (20210112)) #IABot (v2.0.7) (GreenC bot
Liña 14:
== Orixe do nome ==
[[Ficheiro:Fig jam.jpg|miniatura|Marmelada de figo nunha rebanda de pan.]]
A verba galega-portuguesa "marmelada" tiña o significado orixinal de "confeitura de marmelo" (significado que segue a ter en Portugal), e entrou a través do [[latín]] ''melimelum'' (un tipo de mazá) que ten a súa orixe no [[Lingua grega antiga|grego]] ''melimelon'' (meli=mel e Μήλον=meélon=mazá).<ref name='etimo'>[http://dictionary.reference.com/browse/marmalade Orixe da palabra] en dicionario etimolóxico – reference.com</ref> Do galego-portugués o termo pasou ao castelán e de aí ao francés. En 1480, a palabra portuguesa aparece por vez primeira en documentos en [[Lingua inglesa|inglés]] nos cales un Lord agradecía a marmelada que lle fora enviada desde Portugal "He most heartily thanketh her Ladyship for her marmalado"<ref name=Wilson>{{cita libro|apelidos=C. Wilson|nome=Anne|título=The Book of Marmalade: Its Antecedents, Its History and Its Role in the World Today (Together with a Collection of Recipes for Marmalades and Marmalade Cookery)|url=https://archive.org/details/bookofmarmaladei00wils|ano=1999|localización=Pennsylvania|isbn=0-8122-1727-6|editorial=University of Pennsylvania Press}}</ref>, e se espallou no século XVII.<ref name='etimo'/> Nese século elabóranse por vez primeira en Escocia as sonadas marmeladas de [[Laranxa (froita)|laranxas de Sevilla]]. A verba estendeuse por varios países europeos para designar conservas doces só feitas con cítricos, noutros se empregou como sinónimo de "confeitura de froita", mentre que en Portugal conservou o seu sentido orixinal, [[marmelo (doce)|doce de marmelo]].
 
Hai unha lenda pouco críbel que di que o séquito de [[María I de Escocia|María Estuardo]] dixo cando ela estaba doente: ''Marie est malade'' (María está doente) mentres que o seu médico lle daba laranxas con mel para aliviala. A frase francesa teríase deformado en ''marmalade''.