Comunidade autónoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5614733 de 193.144.97.124 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 9:
A división política e administrativa de España ten a forma de 17 comunidades autónomas, ademais de [[Ceuta]] e [[Melilla]], cuns estatutos de autonomía que lles outorgan o rango de [[Cidade autónoma|Cidades autónomas]].
 
A promulgación da Constitución Española de [[1978]], que recolle o dereito de autonomía das [[Nacionalidade Histórica|nacionalidades]] e rexións que compoñen o estado español, supuxo un cambio total con respecto ao réxime anterior, que se baseaba en plans centralizados tradicionais. Isto daba resposta a un problema que xa xurdira repetidamente na historia de España como resultado das diferentes identidades sobre as que se construíu a unidade do estado español. Unha parte significativa da povoación nega aínda hoxe que concorde con esta unidade do estado español mentres non se recoñeza totalmente a existencia de soberaniasoberanía nacional das nacións do estado minorizadas.
 
Tras a ratificación da Constitución Española, e como resultado da posta en funcionamento dos principios contidos no Título VIII, no curso duns poucos anos completouse o proceso de instauración das 17 Comunidades Autónomas e foron aprobados os seus estatutos. Foron tamén dotadas do seu propio órgano de goberno e institucións representativas.