Iolao: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 4:
 
Na [[mitoloxía grega]], '''Iolao''' era o fillo de [[Ificles]] e [[Automedusa]], sobriño de [[Heracles]] e un dos compañeiros deste, a quen aparece conducindo o carro. Para [[Plutarco de Queronea|Plutarco]] e [[Eurípides]] puido ser un amante de Heracles.
 
A lenda conta que a esposa de [[Zeus]], [[Hera]] (que perseguía ás amantes e fillos de Zeus), mandou a Heracles un ramo de loucura, e nese estado este matou ós seus fillos, e mais dous dos fillos de Ificles. Ificles conseguiu salvar a Iolao e á esposa de Heracles, [[Mégara (esposa de Heracles)|Mégara]] <ref>.[[Higino]] dá outra versión, segundo a cal Heracles matou ós fillos e tamén a Mégara (Higino: ''Fábulas mitológicas'' 32, 1-2.).</ref>
 
Iolao acompañou a Heracles a matar a [[Hidra de Lerna]], no contexto dos [[os doce traballos de Heracles|doce traballos]] que este tivo que realizar ó mandado do seu tío [[Euristeo]] para poder ser purificado tralo asasinato dos seus fillos. A Hidra tiña a propiedade de rexenerar as súas múltiples cabezas se eran cortadas, polo que, mentres Heracles as ía cortando, Iolao ía cauterizando o corte do pescozo con tizóns sacados dun bosque próximo ó que prendeu lume.
Liña 9 ⟶ 11:
{{cita|"''Heracles, polo tanto, chegou a Lerna montado nun carro conducido por Iolao ... Chamou na súa axuda a Iolao, que prendeu lume a unha parte dun bosque próximo e, queimando cos tizóns os tocos das cabezas, impediu que brotasen de novo''".|(Pseudo-Apolodoro: ''Biblioteca mitológica'' II, 5, 2.)}}
 
== Notas ==
{{listaref}}