Eurínome (filla de Océano): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 5:
A deusa da [[mitoloxía grega]] '''Eurínome''' pertence á primeira xeración de [[Titán (mitoloxía)|Titáns]]. O seu nome significa 'amplo goberno'. Era unha [[oceánide]], filla de [[Océano (mitoloxía)|Océano]] e [[Tetis (titánide)|Tetis]]. Uníndose a [[Zeus]] foi a nai das tres [[Cárites]] (ou tres Grazas) <ref>[Zeus] "''...de Eurínome, filla de Océano, as Cárites, Aglaia, Eufrósine e Talía''" (Pseudo-Apolodoro: ''Biblioteca mitológica'' I, 3, 1.)</ref>, [[Aglaia]], [[Eufrósine]] e [[Talía (cárite)|Talía]], e tamén do deus río [[Asopo]] <ref>"''O río Asopo era fillo de Océano e Tetis, ou de Pero e Poseidón, degundo di Acusilao, ou de Zeus e Eurínome, degundo outros''" (Pseudo-Apolodoro: ''Biblioteca mitológica'' III, 12, 6.</ref>.
 
Antes de que [[Cronos]] se fixera co poder do universo, Eurínome gobernaba no [[monte Olimpo, Grecia|Olimpo]] xunto ó seu esposo [[Ofión]], pero foron desprazados por Cronos cando derrocou a [[Urano (mitoloxía)|Urano]]. Ofión e Eurínome foron botados ó fondo do mar (segundo outras fontes, ó [[Tártaro (mitoloxía)|Tártaro]] ou ó fondo do mar, segundo as fontes).
 
No segundo caso, foron acollidas por Tetis, e Eurínome foi quen coidou a [[Hefesto]] cando este foi botado do Olimpo por Zeus, a causa da súa fealdade.
 
Eurínome tivo un [[Templo grego|templo]] en [[Figalia]] (na [[Arcadia]]). A estatua da deusa tiña as pernas de peixe e o tronco e cabeza de muller.
 
== O mito pelasgo ==
Robert Graves recolle así o mito pelasgo no que se refire a Eurínome: alzouse núa do [[Caos]] e separou os mares do firmamento, sen atopar terra firme. Bailando sobre as ondas levantou un vento que, dándose a volta, agarrou e fretou entre as mans, ata aque apareceu a serpe Ofión. Seguiu bailando para quentarse e Ofión, excitado, enrodelouse nas súas pernas e copulou con ela, quedando preñada. Tomando a forma dunha pomba puxo un ovo
 
== Notas==
Liña 18 ⟶ 21:
=== Bibliografía ===
* GRIMAL, Pierre: ''Diccionario de mitología griega y romana''. Ed. Paidós, 1981, s.v. ''Eurínome''.
* [[Pseudo-Apolodoro|PSEUDO-APOLODORO]]: ''Biblioteca mitológica''. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].
 
[[Categoría:Mitoloxía grega]]