Pseudo-Apolodoro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
cita
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Apolodoro de Atenas}}
Dáse o nome de '''Pseudo-Apolodoro''' ó autor dun compendio sobre [[mitoloxía grega]] coñecido como ''Biblioteca mitolóxica'' ou simplemente ''Biblioteca'' (''Βιβλιοθήκη''), texto escrito no [[século -I|século I a.C.]], obrae atribuidaatribuido tradicionalmentetradicional -e erroneamente- a [[Apolodoro de Atenas]] ou Apolodoro o Gramático, un gramático, historiador e mitógrafo grego do [[século -II|século II a.C.]].
 
Descoñécese calquera dato biográfico deste escritor a quen se denomina Pseudo-Apolodoro ou ''escritor da Biblioteca'', pero o feito de que a ''Biblioteca'' mencione como fonte a Cástor de Rodas fai imposible soster a autoría a Apolodoro de Atenas, morto no século anterior (cara o 119 a.C.); o devandito Cástor foi autor dunha ''Crónica'' que cita feitos acontecidos ata mediados do século I a.C. Descoñécese igualmente se escribiu ou non outras obras.
 
{{cita|"''De Argos e Ismene, filla de Asopo, foi fillo Iaso, de quen din que naceu Ío. Non obstante, Cástor, o cronista, e a maioría dos tráxicos cítana comnocomo filla de Ínacro, e Hesíodo e Acusilao din que era filla de Pirén''".|(Pseudo-Apolodoro: ''Biblioteca mitológiocamitológica'' II, 1, 3)}}
 
== A ''Biblioteca'' ==
A ''Biblioteca mitolóxica'' consiste nun resumo, que ademais se conserva incompleto, dos diferentes tratados e versións sobre mitos que se desenvolveran en torno ós deuses e heroes gregos. En todo caso, segue a ser unha das fontes máis completas e útiles sobre a mitoloxía grega e cita as fontes das que recolle a información.
 
O primeiro [[manuscrito]] coñecido, do [[século XIV]], figuraba titulado como "''Biblioteca del gramático Apolodoro de Atenas'', e este erro foi copiado polos seguintes amanuenses ata que, en [[1873]], o arqueólogo alemán [[Carl Robert]] detectou a imposibilidade cronolóxica mencionada antes. Cabe supoñer que o erro se debe á mención que fai [[Focio I, patriarca de Constantinopla|Focio]] (patriarca de [[Constantinopla]], ca. 820 - 893), quen falou da existencia dunha pequena obra -un resumo- de Apolodoro obra, titulada ''Biblioteca'', que describía os deuses e heroes gregos, o regreso de [[Ulises|Odiseo]] desde [[Guerra de Troia|Troia]] e numerosos datos sobre pobos, países, cidades e ríos.
 
O texto que se conserva, en tres libros, está incompleto e remata nas fazañas de [[Teseo]]. Cómpre engadir outro texto, coñecido como ''Epítome Vaticana'', descuberto en [[1885]], que completa as fazañas de Teseo e describe a guerra de Troia; e un segundo texto, basicamente igual que o anterior, descuberto en [[1887]] no mosteiro de San Sabas (actual [[Cisxordania]]), coñecido como ''Fragmenta Sabbaitica''.