Electrión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
comezo, primeiro con información procedente da esWiki
 
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 1:
{{en uso}}
 
'''Electrión''' foi, segundo a [[mitoloxía grega]], un rei de [[Micenas]], fillo de [[Perseo]] e de [[Andrómeda (mitoloxía)|Andrómeda]] (filla dos reies [[Cefeo]] e [[Casiopea]]. Casou con [[Anaxo]] (ou Anasaso), de quen tivo a [[Alcmena]] (nai de [[HersaclesHeracles]] <ref>[[Eurípides]] (''Heraclidas'') di que Alcmena foi filla de Lisícide ou Eurídice.</ref>) e varios fillos varóns.
 
Un día presentáronse ante el os fillos de [[Pterelao]] e reclamaron o reino. Electrión negouse e houbo un enfrontamento no que morreron tanto os fillos de Electrión (salvo Licimnio, fillo bastardo) como os fillos de Pterelao. O exército deste logrou fuxir co botín de guerra, formado por abundante gando, que foi recuperado por [[Anfitrión]]. Pero cando este estaba arrecadando o gando roubado, unha vaca intentou escapar e el tiroulle unha maza, con tan mala sorte que rebotou nun corno e foi dar na cabeza de Electrión, matándoo. Por este motivo, Anfitrión foi exiliado de [[Argos, Grecia|Argos]] e marchou con Alcmena e Licimnio a Tebas.
 
Electrión é coñecido principalmente polas lendas relativas ó fillo de Alcmena, Heracles.