Euristeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 4:
[[Ficheiro:Heracles facade St Mark's Basilica.jpg||miniatura|330px|Relevo na fachada occidental de San Marcos de Venecia]]
 
Na [[mitoloxía grega]], '''Euristeo''' foi o fillo de [[Esténelo (hijo de Perseo)|Esténelo]] (fillo de [[Perseo]]) e de [[Nícipe]] (filla de [[Pélope]]). Foi rei da [[Argólida]] (rexión que comprendía [[Micenas]], [[Argos (Grecia)|Argos]], [[Midea (Argólide)|Midea]] e [[Tirinto]]). Casou con [[Antímaca]], hija de [[Anfidamante]]. <ref>Pseudo-Apolodoro: III, 9, 2.</ref>.
 
Á vez que Nícipe estaba xestante, tamén o estaba [[Alcmena]], embarazada de [[Zeus]]. Durante o embarazo, Zeus prometeu o trono de Micenas ó primoxénito da estirpe de Perseo, dando por suposto que sería o seu fillo, Heracles <ref>Pseudo-Apolodoro: II, 4, 5.</ref>. Pero [[Hera]], a celosa esposa de Zeus, atrasou o momento do parto ordenando á súa filla [[Ilitía]] (deusa dos partos) que o detivese <ref>Hera xa utilizara anteriormente á filla co mesmo fin: chegado o momento do parto de [[Leto]], outra amante de Zeus, preñada de [[Apolo]] e [[Artemisa]], Hera impediu que Ilitía a atendese (para algúns, retívoa na terra dos [[Hiperbórea|hiperbóreos]]) e persiguiu a Leto para que ningunha terra a acollese. Leto refuxiuse na illa flotante de Ortiguia, hoxe [[Delos]], e estivo de parto sete días. Os deuses, conmovidos, mandaron a [[Iris (mitoloxía)|Iris]], mensaxeira dos deuses, para buscala e, en canto puxo o pé na illa, naceu Artemisa e, logo, Apolo (''Terceiro himno homérico'' a Apolo).</ref>, e Ilitía así o fixo, sentando no limiar da porta de Alcmena (do pazo ou da súa habitación) coas pernas pechadas e as mans entrelazadas diante dos xeonllos; á vez que aceleraba o parto de [[Euristeo]]. A serva de Alcmena, Galantis (ou Galántide), frustrou o intento e díxolle a Ilitía que Alcmena xa parira, polo que a deusa soltou as mans e se levantou, e así puido por fin producirse o parto. Pero Euristeo xa nacera, setemesino.
 
Xa adultos os dous, [[Hera]], celosa das múltiples aventuras do seu marido Zeus, mandou un ramo de loucura contra Heracles, que lanzou ó lume ós seus propios fillos, que tivera con [[Mégara]], e mais dous fillos de [[Ificles]] <ref>Pseudo-Apolodoro, II, 4, 12. Ificles puido salvar unicamente ó seu fillo [[Iolao]] e á propia Mégara.</ref>.
 
Recuperada a cordura, Heracles exiliouse e foi ata o [[oráculo de Delfos]] para saber qué facer para expiar o pecado cometido. O oráculo mandoulle poñerse ó servizo do seu primo Euristeo, durante un prazo de doce anos, e realizar os dez [[os doce traballos de Heracles|traballos]] que este lle ordenara.