Euristeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
comezo, primeiro con información procedente da esWiki
 
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 1:
{{en uso}}
 
[[Ficheiro:Erymanthian Boar Louvre G17.jpg|thumbminiatura|330px|Heracles entrega o xabaril de Erimanto a Euristeo, que se esconde aterrado nunha cántara baixo terra (cerámica de figuras vermellas, c. 510 aC, Museo do Louvre)]]
[[Ficheiro:Heracles facade St Mark's Basilica.jpg||miniatura|330px|Relevo na fachada occidental de San Marcos de Venecia]]
 
Na [[mitoloxía grega]], '''Euristeo''' foi o fillo de [[Esténelo (hijo de Perseo)|Esténelo]] (fillo de [[Perseo]]) e de [[Nícipe]] (filla de [[Pélope]]). Foi rei da [[Argólida]] (rexión que comprendía [[Micenas]], [[Argos (Grecia)|Argos]], [[Midea (Argólide)|Midea]] e [[Tirinto]]). Casou con [[Antímaca]], hija de [[Anfidamante]].<ref>Pseudo-Apolodoro: III, 9, 2.</ref>
 
Á vez que Nícipe estaba xestante, tamén o estaba [[Alcmena]], embarazada de [[Zeus]]. Durante o embarazo, Zeus prometeu o trono de Micenas ó primoxénito da estirpe de Perseo, dando por suposto que sería o seu fillo, Heracles <ref>Pseudo-Apolodoro: II, 4, 5.</ref>. Pero [[Hera]], a celosa esposa de Zeus, atrasou o momento do parto ordenando á súa filla [[Ilitía]] (deusa dos partos) que o detivese <ref>Hera xa utilizara anteriormente á filla co mesmo fin: chegado o momento do parto de [[Leto]], outra amante de Zeus, preñada de [[Apolo]] e [[Artemisa]], Hera impediu que Ilitía a atendese (para algúns, retívoa na terra dos [[Hiperbórea|hiperbóreos]]) e persiguiu a Leto para que ningunha terra a acollese. Leto refuxiuse na illa flotante de Ortiguia, hoxe [[Delos]], e estivo de parto sete días. Os deuses, conmovidos, mandaron a [[Iris (mitoloxía)|Iris]], mensaxeira dos deuses, para buscala e, en canto puxo o pé na illa, naceu Artemisa e, logo, Apolo (''Terceiro himno homérico'' a Apolo).</ref>, e Ilitía así o fixo, sentando no limiar da porta de Alcmena (do pazo ou da súa habitación) coas pernas pechadas e as mans entrelazadas diante dos xeonllos; á vez que aceleraba o parto de [[Euristeo]]. A serva de Alcmena, Galantis (ou Galántide), frustrou o intento e díxolle a Ilitía que Alcmena xa parira, polo que a deusa soltou as mans e se levantou, e así puido por fin producirse o parto. Pero Euristeo xa nacera, setemesino.
 
 
==Notas==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Alcmene}}
=== Bibliografía ===
* GRIMAL, Pierre: ''Diccionario de mitología griega y romana''. Ed. Paidós, 1981.
* [[Pseudo-Apolodoro|PSEUDO-APOLODORO]]: ''Biblioteca mitológica''. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].