Alcmena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 6:
 
== Antecedentes ==
Electrión casara con Anaxo, filla de [[Alceo]], e enxendrou dez fillos, entre eles Alcmena <ref>[[Eurípides]] (''Heraclidas'') di que Alcmena foi filla de Lisícide ou Eurídice.</ref>. Un día presentáronse ante el os fillos de [[Pterelao]] e reclamaron o reino. Electrión negouse e houbo un enfrontamento no que morreron tanto os fillos de Electrión (salvo Licimnio, fillo bastardo) como os fillos de Pterelao. O exército deste logrou fuxir co botín de guerra, que foi recuperado por Anfitrión pero cando este estaba arrecadando o gando roubado, unha vaca intentou escapar e Anfitrión tiroulle unha maza, coa mala sorte que rebotou nun corno e foi dar na cabeza de Electrión, matándoo. Anfitrión foi exiliado de Argos e marchou con Alcmena e Licimnio a Tebas. E como Alcmena fixera a promesa de casar a quen vimgasevingase a morte dos seus irmáns <ref>Tamén se di que Alcmena xurara non entregarse a el ata que os seus irmáns fosen vingados.</ref>, Anfitrión comprometeuse a facelo e organizou unha expedición contra aqueles. Finalmente, Pterelao morreu e Anfitrión logrou conquistar os seus territorios, regresando vitorioso a Tebas
 
==Nacemento de Heracles==
Liña 20:
A partir de entón, Anfitrión educou a Heracles como fillo propio.
 
== Vellez ==
Trala morte de Anfitrión, Alcmena casou con [[Radamantis]], fillo de Zeus e [[Europa (mitoloxía)|Europa]]. Alcmena sobreviviu a Heracles e, cando morreu e foron enterrala, Zeus mandou a [[Hermes]] que transportara o seu corpo á [[Illa dos Benaventurados]], deixando unha pedra no seu sitio. [[Pausanias (xeógrafo)|Pausanias]] escribiu que os tebanos afirmaban que se converteu en pedra <ref>''Descrición de Grecia'', Libro IX, 16. 7.</ref> pero noutra pasaxe di que a súa tumba está en [[Mégara (cidade)|Mégara]] <ref>Libro I, 41, 1.</ref>.