Alcmena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 10:
{{cita|"''Pero antes de que Anfitrión regresase a Tebas, Zeus presentouse unha noite e, triplicando a súa duración, tras adoptar a figura de Anfitrión, xaceu con Alcmena e contoulle o ocorrido cos Teléboas''".|(Pseudo-Apolodoro, II, 4, 8)}}
 
Durante o embarazo, Zeus prometeu o trono de Micenas ó primoxénito de Anfitrión, dando por suposto que sería o seu hillo, Heracles. Pero [[Hera]], a celosa esposa de Zeus, atrasou o momento do parto odenando á súa filla [[Ilitía]] (deusa dos partos, e das comadoas) que o detivese <ref>Hera xa utilizara anteriormente á filla co mesmo fin: chegado o momento do parto de [[Leto]], outra amante de Zeus, preñada de [[Apolo] e [[Artemisa]], Hera impediu que Ilitía a atendese (para algúns, retívoa na terra dos [[Hiperbórea|hiperbóreos]]) e correu a Leto para que ningunha terra a acollese. Leto refuxiuse na illa flotante de Ortiguia, hoxe [[Delos]], e estivo de parto nove días. Os deuses, conmovidos, mandaron a [[Iris (mitoloxía)|Iris]], mensaxeira dos deuses, para buscala e, en canto puxo o pé na illa, naceu Artemisa e, logo, Apolo (''Terceiro himno homérico'' a Apolo).</ref>, e Ilitía así o fixo, sentando no limiar da porta de Alcmena (do pazo ou da súa habitación), á vez que aceleraba o parto do fillo de Anfitrión, [[Ificles]]. A serva de Ilitía, Galantis, frustrou o intento e díxolle a Ilitía que Alcmena xa parira, polo que a deusa se levantou e así puido por fin producirse o parto. Irritada polo engano, Ilitía converteu a Galantis en [[donicela]].
 
== Infancia de Heracles ==
Cando Heracles tiña oito meses <ref>Segundo [[Píndaro]] (''Nemeas'' I, 35), Heracles acababa de nacer; segundo [[Teócrito]] (XXIV, 1), tiña dez meses; e segundo [[Ferécides]], un ano.</ref>, Hera, que quería a morte do meniño, mandou ó berce dúas enormes serpes e, mentres Alcmena pedía axuda a Anfitrión, Heracles matounas esganándoas coas mans <ref>Tamén empregou Hera este método para intentar librarse dos fillos bastardos de Zeus: mandou a serpe [[Pitón (mitoloxía)|Pitón]] para que devorase a Apolo meniño, pero este mata coas súas frechas a Pitón.</ref>. Segundo Ferécides, foi o propio Anfitrión quen as puxo, para comprobar cal dos dous era o seu fillo: ó ver que Heracles se enfrontaba con elas mentres Ificles fuxía, comprendeu que este segundo era o seu fillo e Heracles o fillo do deus <ref>Pseudo-Apolodoro, II, 4, 8.</ref>.
 
A partir de entón, Anfitrión educou a Heracles como fillo propio.