O reino medieval de Galicia na historiografía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cossue (conversa | contribucións)
Liña 256:
Na [[Idade Moderna]] (séculos XVI-XVIII), a lembranza da magnitude e importancia do reino galego medieval xa se disolvera no tempo. Os historiadores desta época, incapaces de asimilar que a deprimida Galicia por eles coñecida fose o mesmo reino da cristiandade medieval sobre o que escribían, recurriron nas súas obras a diversas denominacións para un reino ao que non podían chamar aínda Castela, nin obviamente España.<ref name=":183">{{Cita libro|título=Historia das historias de Galicia|apelidos=López Carreira|nome=Anselmo|editorial=Xerais|ano=2016|ISBN=|ref=|páxina=111|apelidos-editor=Dubert|nome-editor=Isidro}}</ref>
 
Non foi até o século XIX, momento no que se elaboraron as grandes historias dos estados liberais, cando a historiografía hispana fixou as denominacións de "reino de Asturias" (na realidade unha parte de Galicia<ref>{{Cita libro|título=Galicia nos textos clásicos|apelidos=Romero Masiá|nome=Ana María|editorial=Museu arqueolóxico da Coruña|ano=1988|ISBN=|ref=|cita=Cantabri et Astures Gallaecie provinciae portio sunt|nome2=Xose Manuel|apelidos2=Pose Mesura|páxina=145|url=https://issuu.com/jmbello7/docs/galicianostextosclasicos/141}}</ref><ref>{{Cita libro|título=Etymologiae|apelidos=De Sevilla|nome=Isidoro|editorial=|ano=|ISBN=|ref=|cita=regiones partes sunt provinciarum [...], sicut in Gallicia Cantabria, Asturia.|capítulo=Libro XIV|lingua=latín|url=http://www.thelatinlibrary.com/isidore/14.shtml}}</ref>) e "reino de León" hoxe(inicialmente unha cidade galega<ref name=":0322">{{Cita libro|título=España Sagrada|apelidos=|nome=|editorial=|ano=|ISBN=|url=https://books.google.es/books?id=aUfcrTHc4M8C&pg=PA429&dq=espa%C3%B1a+sagrada+in+civitate+legio&hl=pt-PT&sa=X&ved=0ahUKEwj5t4iTgMzbAhVlLsAKHWZhAsUQ6AEIMTAB#v=onepage&q=legio%20territorio%20Gallecie&f=false|páxina=429|cita=Ano 874: Diploma nº6. Colección Documental da Catedral de León: "in civitate quo uocitatur Legio, in territorio Gallecie / Na cidade chamada León, no territorio de Galicia|ref=|apelidos-editor=Risco|nome-editor=Manuel|edición=}}</ref><ref name=":1112">{{Cita libro|título=Colección documental del Archivo de la Catedral de león (775-1230):I (785-952)|apelidos=|nome=|editorial=|ano=|ISBN=|url=https://books.google.es/books?id=ncwpAQAAMAAJ&q=%22legione+de+Galletia%22&dq=%22legione+de+Galletia%22&hl=pt-PT&sa=X&ved=0ahUKEwiysL6dgszbAhVLXBQKHeFsAB4Q6AEILzAB|cita=Ano 946. Diploma nº192. Colección Documental da Catedral de León: "in Legione de Galletia / en León de Galicia|ref=|apelidos-editor=Sáez|nome-editor=Emilio|edición=1969}}</ref><ref name=":1342">{{Cita libro|título=Historia Silense|apelidos=|nome=|editorial=|ano=|ISBN=|ref=|url=https://archive.org/stream/historiasilense00sant#page/66/mode/2up/search/finibus+Gallecie+veniens|páxina=67|edición=1921|apelidos-editor=Santos Coco|nome-editor=Francisco|cita=Fernandus (...) a finibus Gallecie veniens, obsedit Legionem. / Fernando I (...) chegando desde os límites de Galicia puxo sitio a León}}</ref><ref name=":3222">{{Cita libro|título=Configuración do mundo|apelidos=Ibn Hawqal|nome=|editorial=|ano=|ISBN=|ref=|cita=(...) frente as dúas cidades galegas de Zamora e León. León é a residencia do seu soberano.|url=http://www.anubar.com/coltm/pdf/TM%2026%20Ibn%20Hawkal%20Configuracion%20del%20mundo.pdf#page=32&zoom=100,-78,423|páxina=63|apelidos-editor=Romani Suay|edición=1971}}</ref><ref name=":4102">{{Cita libro|título=Historia de la dominación de los árabes en España|apelidos=Conde|nome=Jose Antonio|editorial=|ano=1844|ISBN=|url=https://bibliotecadigital.jcyl.es/es/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=10069797#page=414&zoom=auto,-436,155|páxina=406|cita=Medina Leionis capital de vixentesGalicia|ref=|volume=1}}</ref>). Naquel momento, a procura no pasado da "esencia nacional", levou ao establecemento dunha secuencia segundo a cal o devir histórico de España se iniciaría co reino toledano dos visigodos{{Efn|A historiografía tradicional exaltou o reino visigodo e ignorou completamente o reino suevo, cuxa historia foi considerada apenas un apéndice da do visigodo. Os seus concilios foron integrados na relación dos concilios godos e as súas manifestacións artísticas catalogadas como "arte visigodo".<ref>{{Cita libro|título=O reino medieval de Galicia|apelidos=López Carreira|nome=Anselmo|editorial=A Nosa Terra|ano=2008|ISBN=|ref=|páxina=26}}</ref> A promoción do visigodo chegou ao extremo de asignar o nome de "letra visigótica" a un tipo de letra medieval utilizada séculos despois da súa desaparición<ref>{{Cita libro|título=Arte e escritura na Galicia medieval|apelidos=López Carreira|nome=Anselmo|editorial=Xerais|ano=2019|ISBN=|ref=|páxinas=131-155|cita=Cap.: Unha letra mal chamada visigótica}}</ref>.}}, continuaría en Asturias, León, Castela, e culminaría na España contemporánea<ref>{{Cita libro|título=Historia das historias de Galicia|apelidos=López Carreira|nome=Anselmo|editorial=Xerais|ano=2016|ISBN=|ref=|nome-editor=Isidro|apelidos-editor=Dubert|páxina=102}}</ref>. Neste esquema ideolóxico o reino medieval de Galicia foi eliminado, empregando como xustificación o feito de, en ocasións, o nome do reino ser identificado co da cidade na que se asentaba o trono<ref name=":24" />. Algo habitual nas chancelerias reais da época<ref>{{Cita libro|título=O reino medieval de Galicia|apelidos=López Carreira|nome=Anselmo|editorial=A Nosa Terra|ano=2008|ISBN=|ref=|páxinas=223-224}}</ref>{{Efn|A denominación do reino empregando só a sede rexia é frecuente na documentación histórica. Indícase por exemplo: "Roderici regis Toletani", para falar de todo o reino visigodo; "regnaverunt in Cordoba" en referencia ao califato andalusí; ou "in Pampilona rex Sancius" para falar do reino de Navarra.}}, e que non implicaba que o territorio baixo a soberania do rei tivese o mesmo nome que a residencia rexia<ref name=":183" />.
 
Este paradigma historiográfico consolidouse no século XX e mantívose até a actualidade, cando, motivado polas denuncias dunha parte da historiografía galega, existe un intenso debate arredor da cuestión.